Príncipas e princesos. Os contos de Pablísimo.
O día 11/09/2021 dentro do programa “SÁBADO DE CONTOS” Os nenos e nenas de Viveiro disfrutaron moito escoitando historias de Pablísimo.

O día 11/09/2021 dentro do programa “SÁBADO DE CONTOS” Os nenos e nenas de Viveiro disfrutaron moito escoitando historias de Pablísimo.

Esta tarde tivemos a representacion de O “Libro da Selva” da compañía Títeres Cachirulo na sala de Exposicions da Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas. Cativos e maiores pasaron un rato moi divertido. Un gran éxito.
Os contos de Pablísimo, ” O arquivo do chibo”

Un conto moi entretido, donde hai lobos, cabras, chivos e algún que outro animal que apareceu por alí, faise un repaso polos contos tradicionais, donde a posta en escena e boísima.
A rapazada gustoulle moito e os papas e mamas tamén.
A toma de decisións e aprender a perder o medo como principais leccións da actividade que Paula Carballeira nos ofreceu dentro do programa Ler Conta Moito do mes de setembro. Foi unha sesión moi entretida na que os/as máis cativos/as se animaron moito a interactuar con Paula.
![]()

Pedro Brandariz no exterior do centro sociocultural “Aurelio Aguirre” de Conxo do Concello de Santiago de Compostela, no que se contan as aventuras e desventuras de varios gatos aprendendo a aceptarse a sí mesmos.

Actuación de Lía Magalia na Alameda de Santiago dentro do programa “Vive o Verán” dos Centros Socioculturais do Concello, unha xornada na que tamén se realizaron xogos o aire libre que complementaron a actuación
Na Alameda de Santiago de Compostela , dentro do programa de centros socioculturais “Vive o verán” a sesión de contacontos de David Merelas engaiolou o público infantil tras unha sesión previa de xogos o aire libre .

Paula Carballeira conta un conto na Alameda de Santiago, dentro do programa Vive O Verán dos Centros Socioculturais e deleitou os nenos/as con unha sesión de contacontos en un entorno verde e seguro
Onte a tarde ás 19:00h da tarde tivo lugar na sala de exposicións da Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas e organizado pola Biblioteca Municipal a través do Ciclo Ler conta moito, a actuación “A máquina do tempo”. Quedaron encantados todos os alí presentes desta maneira tan divertida que tiveron os seus representantes de adentrarnos no mundo da historia, comezando pola prehistoria e rematando pola Idade Moderna. Unha tarde na que uns recordamos e outros adquiriron coñecementos moi importantes que aconteceron na historia da humanidade. Actividade entretida, instructiva e moi participativa, chea de risas e anécdotas.
Fran Campos, da compañía Bandullo Azul, e a súa compañeira a boneca Filipa fixeron as delicias de todos, pequenos e maiores.
É un espectáculo onde hai moita interacción co público que non deixa de sorrir en ningún momento. Houbo contos tradicionais, outros de autoría propia, música en directo e moitas risas. Foi o colofón perfecto para finalizar as actividades de “A biblioteca no xardín”
“


Séguenos