Deixa o móbil e debuxa
As rapazas e rapaces do campamento de verán desfrutaron con esta actividade
e aprenderon moito de debuxo
As rapazas e rapaces do campamento de verán desfrutaron con esta actividade
e aprenderon moito de debuxo
O día 23 de xullo ás 20.30h. achegouse ao Pereiro de Aguiar o mago Pedro Bugarín, que nos ofreceu un espectáculo de maxia combinado con humor, que lles encantou tanto a nenos e nenas, como aos adultos.

O pasado día 13 de xullo Ana Fachini visitou o Pino para compartir cos case cen participantes da escola de verán as historias que compoñen Cantos, contos e outras animaladas.


Paco Nogueiras acompañounos o pasado venres, 23 de xullo, nunha tarde chea de música que fixo brincar á cativada de Boqueixón e mesmo ás súas familias. Unha entretida sesión con mistura de cancións, música e teatro.
Máis de medio cento de participantes puideron desfrutar da música e das imaxes, cantar e mesmo bailar, mantendo as correspondentes normas COVID, co espectáculo “Radio Bulebule”.
Este espectáculo estaba previsto para ser nas instalacións da piscina municipal onde, como cada venres do verán, ten lugar a Bibliopiscina, pero dadas as condicións metereolóxicas, tivo que mudarse ao un espazo anexo (salón de actos do CPI Antonio Orza Couto).

No día de hoxe A RUN RUN presentou “Aquelando As Nosas Letras” na Axencia de Lectura de Portosín.

No día de onte os nen@s sonenses e visitantes desfrutaron cunha sesión de contacontos na man dunha soprana de luxo que fixo a mañán dos cativos moi divertida.

Nos arredores da Biblioteca Municipal de Quiroga, tivo lugar esta espectáculo de dinamización lectora e animación na que participaron nenas e nenos e tamén maiores. Todos da man de Ramona, viaxaron no tempo e descubriron os seu interesantes inventos . Actividade dinámica, divertida e moi participativa que fixo que o público gozase dunha agradábel xornada da man de “Pakolas”.

Segunda visita de MeRe á nosa ALM, este mércores 23. Desta vez tocou escoitar algunha lenda galega.
Como chovía, metémonos no pavillón anexo á biblio. Depois volvemos a ela en grupos para buscar outras lendas e historias de Galicia que se agochaban entre os libros.

Moc Moc Mereclown visitou a ALM de Dumbría para presentarnos A verdadeira historia de Hamelín, o martes 21 de xullo.
A mañá morriñenta que nos tocou pasámola ben mellor cunhas risas.
A versionada historia do afamado flautista, adornada con malabares e clown, gustou moito aos nenos e nenas asistentes.




Séguenos