Pakolas e Laura Romero en Muros
O día 18 de xullo tuvemos a visita de Pakolas e Laura Romero en Muros, viñeron acompañados con Ramona Órbita. Unha tarde inovidable, tuvemos 70 partici
pantes entre nenos e adultos, todo con reserva.
O día 18 de xullo tuvemos a visita de Pakolas e Laura Romero en Muros, viñeron acompañados con Ramona Órbita. Unha tarde inovidable, tuvemos 70 partici
pantes entre nenos e adultos, todo con reserva.
Onte un grupo de pais e nenos pasando unha tarde entretida con unha sesión de contacontos titulada: “Contos para levar no peto”. No salón de actos da Axencia Municipal de Lectura aquí en San Pedro de Muro.
Nunha mañá do campamento de verán, organizado pola biblioteca de Sober, os nenos e nenas participantes asistiron a un obradoiro de debuxo realizado por Xosé Manuel Fernández Montes. Aplicando as técnicas que lles explicou o creador, os participantes utilizaron lapiceros e rotuladores para conseguir representar os diferentes personaxes dos cómic ( Superman, Lisa Simpson…) dunha forma doada e divertida. Ao remate lemos o conto “A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” a partir das fermosas viñetas realizadas por Xose Manuel.

O mércores 21 Xoan Cuiriel chegou a Santiso para contarnos a través do seu concerto unha chea de aventuras. Bailamos, cantamos, xogamos… Pasamolo xenial!

Anxo Moure achegouse ata Esgos co espectáculo Pes de lobo, un home lobo na biblioteca. Pasamos unha mañá chea de contos e cancións sobre animais, reciclaxe, coidado dos bosques…


O día 21 de xullo tivo lugar na nosa biblioteca Miguel González Garcés, duas sesións de “Robótica educativa”, levada a cabo por dos magníficos monitores de A Nube Animación. Os nenos crearon tres tipos de robots e manexaron a través de tablets. Saíron encantados.


O pasado martes día 20, Lucas foi o encargado de traer a superheroína e a ultralimento a nosa axencia de lectura para que os nenos e nenas disfrutasen e coñecesen o valor dos alimentos.

O día 14 de xullo 9 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 9 e os 14 anos crearon o seu robot coa empresa Átomos. Os rapaces e rapazas pasárono en grande.

Actividade moi dinámica e divertida os/as nenos /as crearon personaxes para as súas historias. Foi moi divertido!!
Gozamos dun espectáculo de rock infantil para público miúdo no que as protagonistas das cancións son ELAS: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.


Séguenos