Ela e Dylan. As flores solitarias
O sábado 30 de xuño Ela e Dylan do grupo Maquinarias Teatro, recitaron e musicaron poemas de Bob Dylan na Biblioteca municipal de Láncara

O sábado 30 de xuño Ela e Dylan do grupo Maquinarias Teatro, recitaron e musicaron poemas de Bob Dylan na Biblioteca municipal de Láncara



OS NENOS E NENAS, E TAMEN OS PAIS, PASARONO MOI BEN ESCOITANDO OS CONTOS CON ALBA DE COMECHINS SEGUNDO PRATO.
A meiga Alborada amosou todos os seus coñecementos sobre cómo enfocar a vida. As reflexións non deixaron impasibles ao público asistente, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria municipal.
Grazas Xoré Teatro!

O xoves, 28 de xuño tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar con Patricia de “O Faiado de Nin” que impartiu un obradoiro de deseño de mochilas para os nosos lectores e lectoras máis novo/as.
Patricia amosoulles os diferentes materiais que podían empregar, ao mesmo que tempo que lles mostraba exemplos para alimentarlles a imaxinación. O resultado final foron uns orixinais deseños e os participantes marcharon encantados coas súas mochilas cheas de libros.


OS NENOS E NENAS DE DO P.A.I. DE TORDOIA O 28 DE XUÑO CON EDUVIA
Onte, 28 de xuño, tivemos ao Mago Richard na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña con Maxia # Lab, un espectáculo interactivo no que fixemos un percorrido pola historia da ciencia, e no que nos demostrou que maxia e ciencia poden ir da man.



O venres despedimos as actividades de inverno do Centro Sociocultural do concello de Bóveda con risas, maxia, música e a compañía de dous grandes profesionais do clown e a animación infantil e o seu espectáculo A biblioteca máxica. Foi unha experiencia sensorial muy agradable.


Raquel Queizás na Biblioteca de Viveiro

Raquel Queizás en Viveiro
O luns 25 tivemos unha bibliodiscoteca para empezar as vacacións
de verán. 



Séguenos