Maruja Mallo visita Ponteceso da man de Mirari
A nosa pequena homenaxe a figura de Maruja Mallo. Os nenos, observando o cadro do Ciclista, deseñaron un autorretrato do deporte que máis lles gusta practicar.

A nosa pequena homenaxe a figura de Maruja Mallo. Os nenos, observando o cadro do Ciclista, deseñaron un autorretrato do deporte que máis lles gusta practicar.

Onte seguimos de celebración no mes do libro. Contamos con Juan Juste e o seu novo espectáculo coas aventuras de Katerina e Ivan, a través das distintas técnicas en papel.
Nenos e maiores disfrutamos das historias do Kamishibai, da técnica de pergamiño ilustrado (emaki), do teátro de sombras e de incríbles historias da man de Juan Juste, que sempre consigue sorprendernos. Unha delicia e sensación a tope para os sentidos !!!


OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA


O 18 de abril, Fuco, o rato de biblioteca de Trinke Trinke e os seus amigos “os ratiños da caixa” animaron os nen@s de Vimianzo nunha sesión moi divertida.

Cuns días de retraso, o martes 11 de abril celebramos o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil con Celtia Figueiras que nos ofreceu a primeira sesión das Estacións en contos titulada “Contos na Primavera”.


Hoxe na biblioteca de Monterroso visitáronnos dúas cociñeiras algo toliñas que nos prepararon un caldo de bicos moi especial. Pasamos unha tarde moi divertida.

O pasado día 8 de abril na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro, estivo Raquel Queizás contándonos contos e mitos do mar de maneira moi amena na que os nenos pasárono en grande desde o primeiro minuto.
O 7 de abril, ás 18:30 apareceu un “friame” dentro da nosa biblioteca. Inmediatamente chamamos ó equipo de investigación de “Biotecnólogos na Biblioteca” para que tomaran cartas no asunto e aclararan o caso utilizando modernas técnicas de investigación. Despois de arduas tarefas onde os rapaces tiveron que familiarizarse con novísimas formas de investigación, descubriron ó culpable que, como era de esperar, non andaba moi lonxe.
Unha actividade moi divertida onde os nenos participantes pasárono en grande 🙂


O venres 7 de abril, os nenos de Vimianzo gozaron dun concerto con diferentes tipos de instrumentos e música de países como Brasil, Cuba, Xamaica, Estados Unidos.. grazas as aventuras dunha bolboreta moi musical.
Tódolos nenos cantaron e bailaron de aquí para alá ó son da música nun espectáculo moi participativo
O luns día 10 de abril a compañía Migallas Teatro visitou a Biblioteca Pública municipal de Abegondo, ofrecéndonos o espectáculo tan divertido: Canta connosco! As nenas e nenos alí asistentes e tamén os seus pais disfrutaron en grande e participaron animando activamente aos grandísimos profesionais que conforman o grupo Migallas Teatro.
Noraboa Migallas, e grazas pola grandísima actuación.
Ata a próxima!!!!


Séguenos