O Mago Paco na BPM de Mesía
O Mago Paco achegou maxía, contos e moita risa nun espectáculo onde os cativos/as estiveron espectantes e moi participativos. A actuación que se realizou dentro da programación do día do libro tivo lugar o 24 de abril.


O Mago Paco achegou maxía, contos e moita risa nun espectáculo onde os cativos/as estiveron espectantes e moi participativos. A actuación que se realizou dentro da programación do día do libro tivo lugar o 24 de abril.


O venres 25 de abril, contamos de novo ca presenza de Alba Farto na Axencia de lectura da Baña, co seu obradoiro creativo Debuxar letras.
Rapazada e persoas adultas, afondaron un pouco más nesta técnica que tanto lles gusta e entreten.

Actividade destinada a adultos co obxectivo de traballar a estimulación cognitiva. Os participantes partiron recortando unha imaxe sobre unha cartulina na que o debuxo aparece como un espazo aberto con zonas sólidas orredor. Unha vez feita a plantilla aplicada sobre un papel aplicóuselle á pintura sobre toda a superficie. O resultado foron bonitos e delicados debuxos nos que existiu moita diversidade e diferentes niveis de acabados. Momento distendido e moi satisfactorio paratodos os participantes.

Hoxe pasamos un anaco moi divertido co avó Carmelo e o seu can Rus. Que como é moi despistado e non lle dá xeito aos contos tiveron que axudarlos nenos e nenas de Chantada para que conseguise rematalos.

O día 22 de abril a Maga Fani presentaba na Biblioteca do Barco de Valdeorras o seu espéctaculo “Antoloxía de trasnadas”, unha actividade con maxia, humor e diversión, no que asistentes participaron e se divertiron.




Onte, dentro do programa Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría, visitounos Paula Suárez con “O mundo de cores de Roque e Lía”.
Co libro como fío condutor, Paula Suárez, foi guiando a actividade.
Contacontos, taller de debuxo, círculo de debate e ata pintaron as unllas.
Entretido e educativo.

O pasado martes, dentro do programa Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría, recibimos na ALM de Berdeogas a Galitoon, que nos trouxo un precioso e entretido taller de elaboración de títeres.
Os/as participantes elaboraron cadanseu títere feito con calcetíns.
Pequenos e maiores compartiron tempo e actividade, guiados por Galitoon, que introduciu diversas dinámicas e xogos no medio da actividade.
Posteriormente, entre todos improvisamos un teatriño de títeres coas pezas creadas.
Gustou moito.


O pasado luns, dentro do programa Abril de Libros nas Bibliotecas de Dumbría, Pedras de Papel (Electra Menéndez), visitou a biblioteca do Ézaro.
Tróuxonos un taller no que realizamos animais (reais e imaxinarios) en 3D. Para isto usamos tan só papel reciclado, cinta, pegamento e pintura.
O taller foi moi ben recibido e valorado polos participantes. Pequenos e maiores compartiron tempo e actividade.
Gustounos moito!




Pensaches algunha vez que non era posible ter un circo na túa Biblioteca? Dani Blanco demostrounos que sí é posible. Trouxo un espectáculo do mellor circo do mundo para disfrutar en familia


Séguenos