O sábado 7 de marzo ás 12 da maña Leo Leíño fixo
un espectáculo moi ameno, divertido e participativo con trucos de maxia e humor, co que desfrutaron tanto os nenos coma os adultos, todos quedaron moi contentos co espectáculo. O aforo estaba completo.
Rematamos este ano de Ler conta moito, na nosa Choiva de contos dos sábados, coa Asociación Musical Musicreques que nos deleitaron coa sua obra As aventuras de Quebranoces.

Interpretación en directo ao piano de O Quebranoces de Tchaikovsky, e un conto no que os personaxes descubren a beleza da amizade, da lectura e da música.

Máis información sobre este evento, aquí.

A piques de rematar o ano, chegou Magín á nosa biblioteca coas súas cancións e as historias de viaxes de A nena e o grilo, da locomotora María Fumaça, Rosalía pequeniña e moitas máis.

Houbo tanta xente que algunha non poido entrar, pero Magín prometeunos volver con máis sorpresas para levarnos a tantos lugares como queiramos.
Máis información sobre este evento, aquí.
O sábado 29 de novembro Pavís Pavós realizou unha sesión de contacontos orientada, a través das imaxes e o contido dos libros, a descobrir e a transmitir valores, achegando dun xeito divertido a lectura aos nenos.
Dadá o Duende visitou a nosa axencia de lectura o pasado 9 de outubro para inaugurar as actividades de animación á lectura do curso 2014/2015. Os nenos pasáronno moi ben e disfrutaron moitísimo dos tres contos que Dadá compartiu con nos.
Obradoiro nos que os rapaces pintaron nas súas mans as personaxes as que logo lles darían vida facéndoos falar, inventándose unha historia, un conto.

Cada man era unha nova protagonista para as historias que contamos

Xuntos conseguimos crear un novo conto que poidemos representar coas nosas mans feitas títeres.

Máis información sobre esta actividade no Facebook da nosa biblioteca clicando aquí.
Os nenos e nenas da Biblioteca Ánxel Casal axudaron á Cucarandainas co seu contacontos, non só dramatizando os contos, senon tamén creando as súas pequenas historias

Inventando historias creamos outros mundos nos que seguemos tendo a posibilidade aprender

Máis información sobre este evento no Facebook da biblioteca clicando aquí.
Que sería dos contos se non houbese zapatos? preguntámonos este sábado na Choiva de contos da Biblioteca Ánxel Casal…

As botas do gato con botas, o zapatiño de cristal de Cinsenta, e todos os zapatos que os trasnos facíanlle polas noitiñas ao zapateiro.. Non sería posible o mundo dos contos sen eles.

Máis información sobre este evento na nosa páxina do Facebook clicando aquí.
O sábado día 15 de novembro Paloma Sánchez Ibarzábal, cunha sala chea de nenos e pais moi atentos, despois do contacontos baseado na historia “A miña primeira viaxe” acompañado de maquetas e proxección de luces, realizou unha actividade de debuxos de naves espaciales.

Érase unha vez uns zapatos tivo moito éxito entre os nenas e nenos xa que Fátima coma sempre implicouse moito conseguindo así que todas e todos se divertisen moito.


Séguenos