“O traxe novo do rei” na Axencia de Lectura de San Vicente
O sábado 18 de abril a Axencia de Lectura de San Vicente acolleu o espectáculo O traxe novo do Rei a cargo de Tarabelos Teatro.
Esteban Acuña representou este contacontos ilustrado con monicreques de boca, monicreques de mesa e miniaturas.
Unha posta en escena de gran calidade na que tanto o decorado como os monicreques e miniaturas foron elaborados polo propio Esteban.
Fantástica mañá de sábado no que, non só os máis pequenos, se non tamén os maiores que os acompañaron puideron pasar unha mañá de lecer disfrutando deste magnífico espectáculo.


























Séguenos