O trinta de maio os nenos de infantil dos colexios de Ponteceso e Corme disfrutaron dos contos, música e baile cos que nos obsequiaron Migallas Teatro. Todos participamos cantando e bailando. Foi todo una festa.
O 23 de abril setenta e tres nenos do CRA visitaron a biblioteca para celebrar o Día Internacional do Libro. Trinketrinke agasallounos cun espectáculo de contos e música no que todos participamos. Ademáis, os ratiños, regaláronlle a biblioteca unha casiña donde os nenos poden colocar os seus libros favoritos para que outros nenos os poidan ler.

Carmen Domech visitou a Biblioteca Pública de Mos o pasado 27 de abril coa obra Contacontos de libros contentos. Os nenos e nenas de Mos quedaron fascinados cos libros que, nunha maleta viaxaron de acá para alá contando cada un a súa historia.

O pasado 18 de maio os nenos e nenas de Mos xunto coa compañía Matapiollos e grazas a “Mario” viaxaron por todo o mundo sen moverse da Biblioteca.
Fátima Fernández e os seus Animais coas súas dúbidas alegraron aos participantes que o día 6 de maio estiveron na Casa de Cultura para escoitar todas as preguntas e dúbidas que se planteaban. 
O día 28 de maio os nenos de 6º de primaria aprenderon a forma de contar historias mediante o debuxo e a ilustración gracias a este obradoiro de banda deseñada realizado por María Vilar.
O día 24 de maio dentro da programación do mes das letras galegas tivemos unha representación de contacontos a cargo de Patricia Martínez para os nenos de 2º,3º e 4º de primaria do colexio.
O día 15 de maio os nenos de 5º de primaria realizaron un obradoiro creativo a cargo de Luis Vallecillo dentro do programa do mes das letras galegas na biblioteca de Covelo.
O 26 de abril visitou a biblioteca de Covelo Ana Romero. Realizou dúas sesións, unha para os máis cativos, os nenos da Galiña Azul de 0 a 3 anos e a outra para os nenos de infantil e 1º de primaria do colexio de Covelo.
A actividade desenvolveuse o 23 de abril para rapaces de 4 a 12 anos no salón de actos Na Casa da Cultura.Raquel Galavís caracterizada do principiño narrou a historia referente a Madagascar e ao mesmo tempo proxectaba imaxes polo que os participantes descubriron unha cultura, flora e fauna diferente dun xeito moi particular, asi como a ilusión e a esperanza.


Séguenos