O pasado 14 de maio celebramos o día das Letras Galegas co espectáculo “camiño de historias” de Migallas teatro. Os rapaces gozaron e estiveron moi participativos nesta actuación que mesturaba contos e músicas de varios continentes.
O venres, nenos e nenas de Celanova pasaron unha divertida mañá facendo teatriños con caixas de zapatos e monicreques de papel, axudados por Miren Mirari.


O pasado venres, 9 de agosto, nenos/as e maiores gozamos en Carnota co espectáculo Príncipas e princesos, unha divertidísima sesión de contacontos a cargo de Pablísimo. O contador, botando man de diferentes recursos teatrais coma o kamishibai ou monicreques, achegounos unha reflexión sobre a igualdade de xénero, mediante a narración de contos atípicos con cambios de rol e inversión dos papeis tradicionais.

Rematamos a sesión cun conto musical, cuxa banda sonora correu por conta do público, que con mestría fixo soar unha morea de instrumentos insólitos.
O domingo 3 de agosto, coincidindo coa celebración da Romaría Vikinga, os nenos de Catoira gozaron dun divertido espectáculo de monicreques na Praza do Concello, situada a carón da Biblioteca. Os artistas de Seisdedos animaron o público con personaxes como a bruxa Lola ou a cabuxa Carolina.

Os nenos e nenas que participaron no campamento urbano que se realizou en Irixoa no mes de xullo realizaron na biblioteca do 9 ao 12 nun obradoiro onde afondaron nas súas capacidades creativas realizando diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir de imasen fixa, o resultado foi a edición de 3 películas de corta duración da que os nenos e nenas poideron desfrutar o último día.

o 23 de abril celebramos o día do libro co espectáculo “Contacontos animaliños”.
Ás 19,00 horas Patricia de EDUVÍA caracterizada do personaxe máxico “Dadá” o Duende, relatou aos nenos e nenas asistentes, unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais. Aínda que independentes entre sí, todos os contos gardaron o nexo común do respecto polos animais, coa promoción do hábito lector entre a infancia como obxectivo final.
O martes 6 de agosto, Sarabela Teatro deleitounos cun contacontos cheo de imaxinación que fixo rir a pequenos e non tan pequenos.


O sábado 11 de maio ás 12:00 A compañía Migallas Teatro encargouse dunha nova sesión de contos, acompañada de xogos e cancións para nenos pequenos, titulada Entre arrolos e contiños, todos disfrutaron moito desta actividade que levaron a cabo de forma moi amena.

O sábado 4 de maio ás 12:00 foi Fátima Fernández coa actividade As dúbidas dos animais a encargada dunha nova sesión de contacontos, que foi todo un éxito.



Séguenos