“XAN PERILLÁN E A MALETA MÁXICA” CON MONICREQUES DAS KUKAS NA BPM. DE QUIROGA. ACTIVIDADE QUE CONTOU CON GRAN AFLUENCIA DE PÚBLICO TANTO ADULTO COMA INFANTIL. A MISTURA DE CONTACONTOS E TRUCOS DE MAXIA DIVERTIU A NENOS E MAIORES.
O mércores 2 de abril os alumnos de 3º de Primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos estiveron en BIBLIOPAZOS “Xogando coas letras”.
“Xogando coas letras” é un obradoiro creativo que foi realizado por Patricia Martínez e Mila de EDUVIA centrada na figura de Xosé María Díaz Castro, poeta homenaxeado neste ano 2014 no Día das Letras Galegas.
Aproveitamos a ocasión para celebrar tamén o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebra tódolos anos dende 1.967 o día 2 de abril para conmemorar o nacemento de Hans Christian Andersen y co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Durante unha hora e media celebramos este día tan especial e gozamos moitísimo xogando coas palabras e aprendendo a formalas en moitos idiomas de xeito cooperativo, traballando en grupo e dunha forma moi divertida e dinámica.
A Rosalía” foi unha activadade en lembranza de Rosalía de Castro.
Celebrouse o 24 de febreiro cadrando ca data do seu pasamento.
Participaron nenos dos dous colexios de infantil e primaria
e adultos usuarios da Biblioteca.
Deuse lectura á partida de nacemento de Rosalía, á acta de matrimonio,
e a algunhas cartas das que parece desprenderse que ela e Murguía non eran
unha parella moi ben avida. Rematouse coa lectura da acta de defunción.
Mentres tanto, nenos e maiores ían lendo poemas de “Cantares Gallegos”
A música correu a cargo de Mini e Mero. O remate foi do profesor de
violín do conservatorio de música con “Negra sombra”.
A actividade foi retransmitida en directo pola Radio Local
Escairón, 4 de abril de 2014 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil este venres fedellando con OINK!.
A primeira sesión dos obradoiros Fedella con OINK! levounos a coñecer o mundo da arqueoloxía da man de Andrea e Marcos.

Preparamos o terreo cunha grella e seguimos os pasos científicos para facer unha excavación arqueolóxica. Despois de rexistrar todas as cousas que atopamos, tratamos de averiguar que son e que significan os nosos achádegos .

Desciframos un xeroglífico exipcio (do mesmo xeito que as claves reveladas pola “Pedra de Rosetta”) e xuntando todos os fósiles atopados durante a nosa excavación descobrimos que eran os restos de dous dinosauros.

Tamén atopamos sinais da ocupación prehistórica e romana no noso territorio. E por suposto, restos de lixo deixados polo home actual.
De recordo levamos tamén un exemplar de OINK!, a Revista do Xabarín Club.

O pasado dous de abril, e coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, Manuel Solla estivo na Biblioteca de O Pereiro de Aguiar co seu espectáculo “Conto Contigo”.
Os cativos pasaron un ratiño divertido entre contos de animais, mascotas, cancións e un pouco de maxia, ata foron pequenos actores e actrices por un momento.
No día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a narradora de contos
Charo Pita deleitou aos mais pequenos con unha sesión de contacontos e
historias aderezados con música, trabalinguas e cancións.

O 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, tivemos en Xermade a fantástica e orixinal contacontos e titiriteira Carmen Domech, co seu espectáculo “Contacontos de libros fantásticos“.
Da súa maleta saíron unha morea de libros, todos eles diferentes: libros que botaban lume, libros que mollaban, libros que non paraban de falar, libros que daban moito medo, libros sen letras, libros crebacabezas, etc…
Ademais e para celebrar o Día do Libro Infantil, difundimos entre os nenos e nenas de Xermade a mensaxe da escritora irlandesa Siobhán Parkinson que leva por título: “Carta aos nenos do mundo”.

O dous de abril, día internacional do Libro Infantil e Xuvenil, a Biblioteca de Vimianzo celébrao xunto cos máis pequenos, nenos de 2 a 4 anos.
Nesta actividade Ana Romero “Nita” mestura ciencia, contos e diversión.

O 2 de abril coincidindo co Día do Libro Infantil Manuel Solla estivo en Camariñas co espectáculo Conto Contigo.
Foi unha divertida sesión na que os nenos/as puideron escoitar narracións de princesas e príncipes, interactuar con animaliños, introducirse no mundo da maxia e colaborar como actores/actrices.
A despedida foi moi complicada e Manuel prometeu volver a visitarnos.


Séguenos