
Tódolos xoves deste mes de setembro, na BPM de Dodro, tivo lugar este obradoiro impartido por Minia Regos, no que os rapaces e rapazas pintaron decorados, modelaron figuras de plastilina para despois darlles vida…. creando asi uns divertidos curtos de animación.
O xoves 26 de setembro pasamos unha tarde entretida e divertida, dende as 18.50 e ata ás 19.50 horas Raquel Queizás non parou de sorprender os pequenos da nosa biblioteca coa súa “Maletra”. Empezou a sacar letras e máis letras, despois contounos historias dun “Papon” que se comía o pan con mel que avoa preparara para as súas netas, máis tarde visitounos un “bicho raro” que cruzaba o río pisándolle a cabeza ós crocodilos, este bicho estaba moi triste porque pensou que estaba só no mundo pero de repente do ceo chovían ovos que empezaron a escachar, todos estes ovos eran centos e centos de bichos raros que non eran tal, senon páxaros dodo.
O final da actividade fíxose un sorteo para que os afortunados puidesen disfrutar na súa casa dos contos cos que tanto nos divertimos na biblioteca.
O pasado mércores, 25 de setembro na Biblioteca Publica Municipal “Xograr Mendiño” de Lorbé-Dexo, Oleiros (A Coruña) realizouse un obradoiro de títeres moi especial e divertido, fixemos títeres coas nosas mans, elas eran as protagonista, as pintamos creando personaxes, cada un o seu, fadas, monstros, dinosaurios, cans, etc. e despois llelos ensinamos aos nosos compañeiros e compañeiras á vez que lles contábamos a súa historia. Para rematar a sesión todos xogamos xuntos cos nosas mans convertidas en títeres.
Complementouse a actividade cunha exposición cos fondos sobre manualidades
Nesta ocasión regresaron a biblioteca Bea Campos e David González para contarnos un montón de contos e cantarnos moitas cancións cos seus arrolos.
A sesión comezou coma sempre coa fantástica canción de Benvida de Entre Arrolos e Contiños, que xa todos coñecemos e que cantamos xuntos.
Logo contaronnos os fermosos conto das “Botas Novas” o de “Osiño”, “Pe de boca grande” e o noso favorito “Iyoke é moi pequeno”. A historia dun pequerrecho que admira a todos os animais da selva polo grande, fortes e veloces que son pero descubre que ser pequerrecho tamén ten o seu lado positivo, porque así pode acurrucarse no colo da súa nai.
Para animarnos a mañá deste sábado e deixarnos coa alegría cargada para todo o fin de semana os nosos amigos sorprendéronnos coa “Samba Lelé” e co tradicional “Ondiñas veñen” que todos cantamos moi alegres e que non deixamos de cantar durante días.
Para rematar a sesión cantaron a canción de despedida de Arrolos.
Esta tarde a Biblioteca de Cerceda estará chea de merendas, contos e de…
RATOS de Lonxedetodo. Ás 17:15 horas

O mércores, 25 de setembro visitou a nosa biblioteca de Sta Cruz un personaxe moi divertido, que chegou no seu “foguete” viaxeiro o que máis lles chamou a atención aos nenos e nenas que estaban esperando por unha chea de contos, foi o aspecto un tanto luxado da cara do noso personaxe, asi que o primeiro foi adiviñar a que se dedicaba este “Fogueteiro” : mineiro, limpador de chemineas..? pois non, polo seu sombreiro e a súa maleta adiviñamos que era un gran aventureiro, explorador de historias que nos traía baixo o seu paraugas, desde países moi remotos porque a súa misión era levarnos a un mundo onde a imaxinación e a fantasía nos fagan soñar e divertirnos. O aspecto da súa cara era só producto dos gases ocasionados polo foguete na aterraxe.
Viaxamos a Italia, á Toscana cun conto popular arxentino adaptado polo propio Fogueteiro e vivimos as aventuras do Neno mosquito.
Aistiron 38 nenos e nenas e 23 pais e nais.
Resultou ser unha actividade bastante interesante.

A actividade durou 1 hora, dende as 18.50 ás 19.50. Chrystyan Magic chegou 50 minutos antes do comezo da actividade coa finalidade de ter todo a punto a hora do comezo.
Os cativos disfutaron moito co desenvolvemento das diferentes historias contadas polo mago. Colaboraron con él cando requeriu a súa axuda. Gustou moito tanto ós pais como os cativos.

Iniciamos a segunda tempada de Contacontos con Raquel Queizás e as súas “historias da maleta” o día 24 de setembro ás 18.50. Todas son fermosas e introducidas por música. Durante unha hora logrou manter o interese tanto do público infantil (nenas e nenos de 4 a 11 anos) como dos adultos acompañantes.
Rematou a actividade cun baile moi divertido, co que os nosos usuarios quedaron encantados.
O pasado venres gozamos na Biblioteca de Chapela dunha contada moi especial. Raquel Queizás, contadora de gran traxectoria e amiga nosa nas redes sociais se achegou ata as nosas bibliotecas para achegarnos historias vidas dende moitos lugares do mundo.
Da súa “maletra” chea de letras, Raquel Queizás extraeu historias cheas de maxia. Contos fermosísimos como: “A princesa ratiña”, “O Papón” e mais “Que bicho tan raro” fixéronnos pasar unha excelente tarde a todos os presentes, tanto a os cativos como aos adultos.
Ao final, os asistentes levaron prestados para a casa os libros onde se recollen as historias narradas no noso contacontos.
Ver máis no Blog das Bibliotecas Municipais de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2013/09/diversion-e-boas-historias-con-raquel.html


Séguenos