O xoves día 24 de abril o grupo Migallas Teatro interpretou contos para bebés, “Os contos do chupete”, na que integraron música, teatro e literatura. Tanto rapaces como pais divertíronse moitísimo. Resultou moi entretido.
O mércores 23 de abril a Biblioteca Pública Juan Compañel, en Vigo, celebrou “O Día Internacional do Libro” coa actividade “Marcapáxinas-lupa no día do libro, para guiar a lectura do Quixote” na que tras a lectura dunhas páxinas do Quixote, os rapaces fixeron o seu propio marcapáxinas.
A Biblioteca de Dodro celebrou o Día do Libro cunha entretida e divertida sesión de contacontos: “A maleta da avoa”, a cargo de Raquel Queizás.
Disfrutamos moito dos contos e lendas da tradición oral, que Raquel escoitaba da súa avoa a todas horas e que agora nacen da memoria, dos tesouros e dos libros gardados nunha vella maleta que a acompaña a cada unha das súas actuacións.

Para celebrar o Día do Libro en Vilagarcía de Arousa tivo lugar o espectáculo “Contos que deixan pegada”, o 23 de abril ás 18:30 horas nas dependencias da biblioteca. A actividade estaba aberta ó público, sen limitación de idade, aínda que estaba recomendada para nenos e nenas a partir de catro anos. Os intérpretes do espectáculo, Pavís Pavós, durante aproximadamente unha hora, narraron diversos contos, facendo participar nos relatos ós nenos e nenas asistentes, que disfrutaron, xunto cos seus pais, das narracións.
Os participantes foron máis de 100 persoas, entre nenos e pais.
A actividade foi un éxito en canto a participación de público así como de satisfacción do mesmo.
o xoves 24 de abril celebramos o día do libro coa actuación de Glup Glup teatro é o espectáculo “Catalina, Lino Lina” no que Catalina quere vivir as súas propias aventuras e conta os contos a súa maneira, facendo participes aos nenos cos que interactua en todo momento e que as veces tamén se converten en parte do conto. Contos como o de Alicia no país das maravillas, carapuchina vermella etc. 

Imaxe do primeiro grupo de axudantes de xardineiro. Antes de traballar nas súas macetas están escoitando como a Xardineira Maior está a narrar como onte, polo día do libro, creceron moito as plantas das súas macetas.
Un ano máis para festexar o Día do Libro volve a visitarnos a nosa amiga Lilí Gruyere, ratiña de biblioteca e habitante de Lonxedetodo (País dos ratos de Biblioteca). Esta vez con o espectáculo “Aventuras na cociña”, que intenta promover hábitos saudables na alimentación e fomentar o uso da biblioteca a través dos contos. Invitamos a asistir os alumnos de 1º de primaria dos dous Colexios de Ribadeo que desfrutaron de dous contos : “Sopa verde” e “El jarrón del fondo del lago”
Ca ratiña Carolina de Lonxedetodo disfrutamos e saboreamos os seus contos e receitas para pasar un bo rato cos nenos e nenas que se achegaron cas súas familias a deleitarse nas boas historias. Con TrinkeTrinke Teatro está asegurado o humor e a boa animación á lectura que ao final nos trae usuarios e lectores a nos a Biblioteca Municipal de Fene.
Os Ratos de Lonxedetodo a parte de ler e contar contos, gústalles cociñar. As súas “Aventuras na cociña” estiveron na Biblioteca Municipal de Foz ás 18.30 h, este luns día 21 de abril para celebrar o Día internacional do libro.
No contacontos “Aventuras na cociña” tratouse o tema da alimentación e propoñeuse hábitos saudables. Tamén os ratos demostran como os elementos presentes nunha cociña nos serven para contar contos.
Contacontos teatral protagonizado por “Trinketrinke teatro”, dirixido a nenos de 3 a 8 anos, que contou con moita afluencia tanto de nenos como de pais.
Este ano celebramos a programación das letras con estupendas actuacións para todos os públicos.
O día 23 de abril estivo connosco na biblioteca Manuel Solla para festexar o Día do Libro.
Tivemos contacontos, máxia, cancións e trabalinguas, pasamos un bo rato.


Séguenos