Elefante Elegante presentou o día 15 de Maio ás 11 h. na Biblioteca Pública Municipal de Barbadás “O Aviador”

O día 14 de Maiopolas Letras Galegas Xanela Ocio e Animaición presentou no CEIP Filomena Dato “Mira como cho conto”
Eduvía presentou o día 13 de Maio “Contacontos animaliños” para celebrar as Letras Galegas 2013, no CEIP O Ruxidoiro de A Valenzá.

O día 16 de maio Eduvia coas 6 caras das Letras Galegas. Roberto Vidal Bolaño xoga por equipos a preguntas e respostas cos nosos nenos e nenas conseguindo pasar un anaco ben divertido para celebrar este día tan importante.

Mau. Asociación lareira global falaron aos nosos pequenos e pequenas do medio e coñecemento das nosas fragas e fauna.
Con Chus Otero puxemos en marcha un contacontos estival, co que arrefriar o sofoco das altas temperaturas que viñamos pasando estes días.

Sole encheu de historias fantásticas a nosa biblioteca coas que fixo soñar e divertirse aos máis pequenos e non tan pequenos.

Co obradoiro Arte nos libros! Con Mitoloxía de Crearte os nenos e nenas desfrutaron coas imaxes, lecturas e actividades nun día tan especial para nós.
Dentro das actividades programadas para a primavera 2013 na Biblioteca Municipal de Meis celebrouse o Día do Libro (23 de abril) unha nova sesión de contacontos orientada a nenos e nenas maiores de 3 anos a cargo do grupo Pavís-Pavós. Cunha asistencia destacada a sesión foi todo un éxito agradando tanto ós nenos como ós seus acompañantes. Nela léronse diversos contos facendo partícipes a tódolos nenos que se atopaban na biblioteca.


Fátima Fernández o 20 de abril cos seus contos de animais respondeu e resolveu todas as dúbidas dos nenos e nenas que alí estiveron.


Séguenos