A CIENCIA É DIVERTIDA EN CAMARIÑAS

Ciencia e máis contos, unha boa combinación para entreter aos máis pequenos. A intérprete consigue cautivar cos seus relatos breves e cos experimentos científicos.

Ciencia e máis contos, unha boa combinación para entreter aos máis pequenos. A intérprete consigue cautivar cos seus relatos breves e cos experimentos científicos.


O pasado 3 de maio, a Biblioteca Ánxel Casal trasladou a súa Choiva de Contos ao recinto da Feira do Libro de Santiago de Compostela, invitando a Carmen Domech a facer o seu contacontos, PASTOREANDO ALEGRÍAS.

Carmen contou catro historias. Na primeira, unha lebre, unha cabra e outros animais eran os protagonistas dunha nova versión do Coellinho branco.
Na segunda, a contadora foi describindo a través dun gran libro de trapo as diferentes ubicacións do pelo no corpo humano. As rimas e as divertidas ilustracións fixeron que o público morrera da risa.

Na terceira historia, a contacontos levaba un Libro-rolo de tea, e mentres ía contando, ía tirando do rolo onde diferentes esceas ilustradas mostraban o conto.
E na cuarta historia, valeuse dun panel vertical, tamén de tea, onde aparecían os distintos animais do conto popular “Unha vella tiña un can”.
As nenas e nenos estiveron moi atentos e pediron moitos máis contos. Para ver esta actividade no Facebook da biblioteca preme aquí.
O pasado día 16 de maio, na biblioteca de Dodro celebramos o día das Letras Galegas co espectáculo de Baobab Teatro: “Contos para un caldiño”

“Contos para un caldiño” é un espectáculo de contos e teatro, no que o público interactua coa a cociñeira Andrea Ea Ea. Es divertido e dinámico, onde todos gozaron dos contos visuais, contos tradicionais e contos dramatizados aderezados con cancións.


Onte Xoves 15 de Maio ás 13:00 horas na Sala de Lectura de BIBLIOPAZOS celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, coa sesión de contacontos “O misterio do pirata Benito Soto” a cargo de Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento.
Unha historia de misterios que mestura a oralidade coa ilustración e que rematou cun obradoiro de debuxo de temática pirata.
Este foi o resultado.

Os de Xanela Ocio déronlle outra volta ao conto e presentáronnos relatos actuais e divertidos cos que é doado identificarse.
Na biblioteca Miguel González Garcés de Culleredo, o día 25 de abril ás 19:30 horas, tivo lugar a actuación MaxicoSons, a cargo do músico Álvaro Muras e do ilusionista Martín Camiña. Como foi unha actividade con moito público, máis de 80 nenos e 70 adultos. Para poder acoller a todos desenvolveuse no salón de actos. Todos pasaronlo moi ben.
A biblioteca municipal de Culleredo, o día 22 de abril, na programación da Semana do libro contou coa actividade de Trinketrinke Teatro “Aventura na cociña”. Máis de 50 nenos, xunto cos seus pais e nais desfrutaron dunha actividade moi animada, dinámica e divertida.

Tim Bowley e Charo Pita
O luns 12 de maio iniciáronse as actividades dirixidas aos nenos e nenas dos diferentes niveis educativos do municipio, contempladas dentro da máis ampla programación da Feira do Libro de Brión – Maio Cultural 2014. Da man de Tim Bowley e Charo Pita, os rapaces de 1º Ciclo da ESO do IES de Brión asistiron a “Dúas linguas, unha historia” unha divertida sesión conta contos en inglés e galego.
Ao auditorio do Centro Social Polivalente, lugar onde se celebrou a actividade ao non contar a biblioteca cun espazo axeitado, acudiron aproximadamente uns 60 rapaces e rapazas acompañados por catro profesores que durante unha hora gozaron das historias narradas en inglés polo “storyteller” Tim Bowley e traducidas por Charo Pita. Contos de diferentes partes do mundo que espertaron a curiosidade dun auditorio moi entregado e con gañas de participar, como así o demostraron no conto do “Pirata a serea e o mago feo”.
Tim Bowley leva narrando historias por todo o mundo dende hai máis de 25 anos. Ademais como escritor ten libros para todas as idades en editoriais como Kalandraka, OQO, Raíces e Palabras del Candil. Charo Pita tamén é narradora de historias e escritora. Ámbolos dous levan traballando con éxito en actividades de narración e animación lectora en bibliotecas e institutos de ensino secundario dende o ano 2006.


Séguenos