“Tres irmás, tres camiños e tres grandes perigos” de Paula Carballeira, na Biblioteca Municipal de Lugo
Na biblioteca Municipal Isidro Novo de Lugo, recibimos a Paula Carballeira co seu espectáculo “Tres Irmás, tres camiños e tres grandes perigos”. Un contacontos no que a interpretación de Paula é a protagonista, conseguindo atraer a atención tanto dos nenos e nenas asistentes, como dos seus pais. Moi recomendable!
















O alumnado de secundaria do Cpi dos Dices gozou o 10 de maio no auditorio dunha mañá de regueifas. Lupe Blanco, unha das voces imprescindibles na expansión actual da regueifa, explicou á cativada as características desta disputa dialéctica improvisada e en verso que forma parte da nosa tradición oral.
Os nenos e nenas tamén tomaron a palabra con moitas arte e demostraron que teñen madeira para regueifar.




Séguenos