Para iniciar o curso escolar na Capela , a biblioteca convidou a todos nen@s e maiores a unha actividade de maxia , visitounos o Mago Paco co seu espectáculo ” Unha maxia diferente” e todos o pasamos moi ben cos seus trucos e os seus contos.


A actividade desenvolveuse con normalidade, Pavís Pavós foron interactuando co público e contando historias divertidas.
Os/as nenos/as gozaron do espectáculo, participaron activamente e estiveron moi atentos/as
Na tarde de onte a biblio do Ézaro acolleu unha nova actividade: “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”, de A Nube de Artear.
Despois dunha breve introdución ao mundo da robótica, ao concepto de robot e as súas aplicacións na vida diaria, a rapazada pasou a construír os seus propios robots, programándoos, paso a paso, con luces de cores, sons, movementos, …
Magnífica actividade. Creativa e inspiradora, certamente.

Na tarde do pasado venres, na ALM de Olveira recibimos a visita de Xogando Nas Nubes. Con elas, realizamos un obradoiro de customización de bolsas para levar e traer os libros da biblioteca, empregando técnicas de estampación.
Gustou moito pequenas/os e maiores!

Onte luns, 9 de outubro, volvemos a ter con nós a compañía Xarope Tulú coa actuación “Roupa tendida” de Atenea García, nesta vez na ALM de Oubiña onde os nenos e nenas puideron reflexionar sobre as nosas crenzas, observalas coa perspectiva do tempo, contalas desde a visión daquelas pequenas que se fixeron grandes e cuestionaron unha e outra vez o papel das silenciadas, das que non tiveron voz.



“Contacontos en Movemento: Libros e Ioga!” na Biblioteca de Sada.
O sábado 9 de outubro, da man de Árbore Azul, un grupo de nenas e nenos descubriron na Biblioteca de Sada que hai moitas formas diferentes de ler.
Grazas a actividade “Contacontos en Movemento: Libros e Ioga!” aprenderon técnicas básicas de respiración e posturas de ioga coas que poderán relaxarse cando o necesiten.
Este luns á tarde, na biblio de Mugardos decidimos coñecer con Antón e Tomasa (a pasteleira que mellor amasa) a súa trepidante aventura para conseguir o mellor cacao co que poder despois elaborar a súa deliciosa receita chocolateada. Unha tarde divertida e moooi doce!

O sábado 7 de outubro pasamos unha tarde do máis divertida con Marcos Dios Aguado e as súas Historias de bicharracos. Un espectáculo que combina mimo, monicreques, música e narración oral para sensibilizar sobre a excesiva dependencia das pantallas e promover o hábito lector na infancia.
Gustounos!

O xoves 5 de outubro tivemos unha visita máxica na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé grazas a dúas meigas que nos ensinaron feitizos do máis divertidos!



Séguenos