BICHOCADAS, BIBLIOTECA VAL DO DUBRA
O pasado 5 de Outubro, a rapazada de O a 3 anos pasárono xenial, cos contos de BICHOCADAS, donde había contos, marionetas e música.
Un anaco moi divertido.

O pasado 5 de Outubro, a rapazada de O a 3 anos pasárono xenial, cos contos de BICHOCADAS, donde había contos, marionetas e música.
Un anaco moi divertido.

Nesta actividade os nenos e nenas crearon todo tipo de bonecos con distintos elementos naturais como landras, bugallos , millo cos seus follatos, frores, follas das árbores ….
Con estes persoaxes xogaron realizando pequenas obras de teatro en grupos que logo representaron coa colaboración entusiasta de moitos pais e as boas indicacións de Marta de A Naturoteca.
Foi unha sesión moi divertida.





Pakolas animando co seu churrasco de mamut a todo o público asistente.
O domingo 8 de outubro tivemos a sorte de contar co divertidísimo Pakolas na biblioteca “Salgado Toimil” de Foz. Unha proposta súper animada que combina música coa narración oral, na que Pakolas nos relata as aventuras de Ramona que viaxa ao pasado e o futuro a través dunha máquina do tempo, procurando un mundo mellor. Unha actividade moi participativa e graciosa que conseguiu que cantasen e danzasen todos os alí presentes. Podemos garantizar que Pakolas fíxo vibrar o salón de actos enteiro coas suas pezas rockeiras e a súa posta en escea.
O martes 10 de outubro tivemos unha nova sesión dentro do mes das Bibliotecas.
Teatro Calavera achegóuse a Portonovo para ofrecernos unha actividade teatralizada e deleitar así ó público infantil asistente, pero tamén os maiores que os acompañaban.

A exploradora Jeanne Baret invitou ó público a unha misión pola selva de Pitiminí, chea de misterios e especies por descubrir, e adentrándonos na natureza salvaxe coñecemos distintos animais e diferentes historias. Para rematar coa historia da cebra Camila e como os seus amigos a axudaron a recuperar as raias perdidas.

Pasamos unha tarde moi divertida e movida, xa que houbo que pasar por distintas probas para sobrevivir na selva 😉
E rematou a sesión con cada neno e nena levando un animaliño para a súa casa.
O martes, 10 de outubro, estivo con nos Paula Carballeira na ALM de Vilariño coa espectáculo “Tres irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos” na que nos contou que en moitos contos hai 3 irmás: a maior, a do medio e a pequena, pero en poucos teñen nome, nome propio, e o nome é importante para que se lembren de tí e da túa aventura. En moitos contos hai camiños, a miúdo é un soños para cumplir, pero se hai 3 cada persoaxe pode escoller o seu propio destino. En moitos contos hai perigos, pero un gran perigo é aquel que deixa pequenos aos outros.
Pasaron unha tarde moi divertida!!!

Tarde de contos cheos de tradición oral hoxe na biblioteca con Tareixa e Xacobe de Pavís Pavós!




Esta semana visitounos a Nube de Artear co seu obradoiro “Robótica educativa. Creatividade inspiradora”, onde os participanetes puideron
iniciarse no mundo da programación e a robótica a partir de pezas de lego e pequenos robots programables. Toda unha gran aprendizaxe para eles e moi divertida.


Hoxe os coles de Ribadeo participaron na actividade de animación a lectura “Na túa man”, de Raquel Queizás. Como éramos moit@s, fomos ao Auditorio Municipal, e descubrimos como un libro nos pode iluminar con novas ideas, e que tod@s podemos aportar o noso gran para unha convivencia respetuosa e igualitaria.
Para rematar, Raquel suxeriu unhas lecturas para nenas e nenos que axiña viñeron a solicitalas na biblioteca.
Xela e todos os nenos de Valga convencen ao dragón para que remate co terrible mal que está a causar. Espectáculo que pon en valor a
importancia de respectar aos demais e de defender os valores de igualdade de xénero.




Séguenos