Ramona Órbita e a súa máquina do tempo, con Pakolas, na Biblioteca de Foz.
O domingo 8 de outubro tivemos a sorte de contar co divertidísimo Pakolas na biblioteca “Salgado Toimil” de Foz. Unha proposta súper animada que combina música coa narración oral, na que Pakolas nos relata as aventuras de Ramona que viaxa ao pasado e o futuro a través dunha máquina do tempo, procurando un mundo mellor. Unha actividade moi participativa e graciosa que conseguiu que cantasen e danzasen todos os alí presentes. Podemos garantizar que Pakolas fíxo vibrar o salón de actos enteiro coas suas pezas rockeiras e a súa posta en escea.