“CONTACONTOS DADA A TRASNA” da artista Patricia Martínez

O día 09.07.2025 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade centrada no respecto, na tolerancia e na fortaleza da diversidade. Comezou e rematou falando da importancia das Bibliotecas e do que podemos aprender nelas. Todo o tempo foi moi dinámica e participativa, a través de tres historias: o gato “Micifú”, o “Lobo feroz” e a nena “Nina” de Burkina Faso. En resumo, unha actividade divertida e que se foi adaptando a todas as idades para que todos puideran participar.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.20 h; acudiron un total de 41 nenos e nenas de tres a dez anos de idade, e 6 adultos entre monitores, pais e nais.





















Séguenos