Contacontos Un universo na túa maleta
O sábado 13 de Setembro a rapazada de Oroso disfrutou do contacontos Un universo na túa maleta, narrado pola súa autora, Ana Meilán.
O sábado 13 de Setembro a rapazada de Oroso disfrutou do contacontos Un universo na túa maleta, narrado pola súa autora, Ana Meilán.
O pasado xoves 18 de setembro contamos cunha excelente maga do grupo Magia en la Manga, que lles ensinou a nenos e nenas a elaborar tres diferentes trucos, dándolles ademáis moitos consellos para irse iniciando no mundo do ilusionismo.
Todos os asistentes divertíronse moito por poder practicar todo o aprendido nesta tarde tan máxica.
Que ben o pasamos hoxe luns, 22 de setembro, na Biblioteca de Barro! A actuación de Dani Blanco foi todo un éxito: malabares, equilibrios, escapismo e contos de gatos, fixeron as delicias de todos os rapaces e rapazas que viñeron ata a biblioteca de Barro a dar a benvida ao novo curso.
Ademais, repartimos as tarxetas do Reto Lector, unha actividade na que cada neno e nena poderá puntuar os libros que leve da biblioteca para crear un ranquin cos mellor valorados. Coa mostra das últimas novidades e o libros máis lidos os 75 participantes pasaron unha mañá estupenda.
Caxoto presentou na Biblioteca de Carral un fermoso conto. Levántate Xan!!! cautivou aos pequenos (de 0 a 3 anos), que gozaron dos animaliños da granxa de Xan.
Foi un fermoso inicio de curso das actividades da nosa Biblioteca.


O pasado venres 19 arrincou a programación de animación á lectura de Ler Conta Moito na rede de bibliotecas de Cambre.
Este venres 19 de setembro, no Pazo de Ferreirós, tivemos un contacontos para bebés a cargo de Raquel Queizás.
O pasado Venres 19 de Setembro tivemos con nós a FRAN REI de CULTURACTIVA que nos trouxo “O CONTO DE BARRIGA VERDE” de Manuel María, un espectáculo co que quixemos conmemorar a chegada do Equinoccio de Outono e o inicio do Curso Escolar 2025/2026.
FRAN REI presentou este novo espectáculo unipersoal no que mestura narración oral, humor e maxia: “O conto de Barriga Verde”, escrito por Avelino González. a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela) pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2016.
Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán ao mesmo tempo que nada é máis forte que o amor verdadeiro.
Asistiron a esta actividade os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos…
O venres 19 o alumnado de primeiro e segundo de Educación Primaria do CPI San Vicente da Baña desfrutaron descubrindo os misterios que agocha a biblioteca deste centro educativo.
Unha experiencia divertida onde as diferentes pistas levaban a descubrir onde se agochaba o tesouro.



Este venres, un grupo afortunado de xóvenes usuarios da Biblioteca Municipal de Vilagarcía de Arousa puideron disfrutar dun obradoiro de máscaras, a cargo da Compañía LaGriotte.
Non só crearon as máscaras, déronlles vida a través da interpretación de personaxes. Toda unha experiencia nova de facer teatro, conectar co corpo e perder a vergoña.
Os Óscar e Goya do futuro!!!
Na Biblioteca Municipal en colaboración co CEIP de Quiroga celebramos o Día das Letras Galegas co espectáculo ” Catro Monos” a cargo de Tropa de Trapo. A actividade desenvolveuse o día 15 de maio ás 11:00 h no Salón de Actos da Casa da Cultura coa participación dos nenos e das nenas do colexio. Foi unh
a actividade moi amena e divertida na que participaron activamente os asistentes.


Séguenos