O Circo de Daniel Blanco na Plic de Carballo
Malabares, libros, risas, música…. foi unha hora chea de exclamacións grazas ó bo facer de Daniel Blanco e a súa proposta “Circo na biblioteca”.
Malabares, libros, risas, música…. foi unha hora chea de exclamacións grazas ó bo facer de Daniel Blanco e a súa proposta “Circo na biblioteca”.
A actividade proposta por Antía Yañez no seu Plan de rescate fixo das participantes potenciais investigadoras. A Praza dos libros de Carballo convertida nun esceario de suspense e intriga. Moito misterio e investigación para chegar a un final feliz.
O 10 de xullo tivo lugar a na biblioteca municipal de Riós, a actividade “Moitas formas de contar”, por parte de Violetta Della Rocca. Unha actuación moi interesante de animación á lectura. Utilizando a imaxinación os/as pequenos/as introducíronse nunha técnica divertida e descoñecida para a maioría. Aproveitáronse os exteriores da Biblioteca, tendo en conta as temperaturas do verán, pero tamén se levaron a cabo dentro da biblioteca para facer a actividade específica das sombras.


Gloria Mosquera fíxonos bailar a todos, incluidos ós adultos, durante unha hora que para o público fíxose curta no seu desfrute. Non tardará en volver a estar con nós xa que os asistentes quedaron con gañas de máis.

Unha vez máis Anxo Moure fixo as delicias na Praza dos libros 2025 de Carballo empregando como arma a comicidade perso sen esquecer a formación educativa. Grazas Anxo unha vez máis.

Onte, 16 de xullo de 2025, vivimos unha mañá moi especial coa actividade ContoAventuras, un contacontos cheo de maxia, risas e moitos animais!
O protagonista desta aventura foi un personaxe viaxeiro que, mentres percorría camiños imaxinarios, ía atopando todo tipo de animais.A cada un deles lles contaba un conto, e así, de historia en historia, fomos coñecendo diferentes mundos e valores.
As nenas e nenos participaron activamente: responderon preguntas, axudaron a facer maxia, fixeron sons e ata se converteron nalgún momento en protagonistas dos contos.
Unha mañá moooi divertida!!

Este ano no campamento de verán desfrutamos de un divertidisimo obradoiro de maxia no que os participantes pudieron aprender xogos de maxia así como expoñelos diante dos seus compañeiros. Un obradoiro moi divertido a vez que educativo.
O pasado sábado, 12/07/2025, veu Xoán Curiel a Ribeira para axudarnos a montar a nosa banda de verán con Ler Conta Moito.
A quen lle gusta a música? A quen lle gusta cantar? A quen lle gusta bailar? E quen non lle ha de gustar…
Pois así foi. Cantamos, bailamos e tocamos todos cantos instrumentos nos trouxo Xoán co seu espectáculo “Como montar a túa banda de verán”.
Esta función está baseada no libro disco da Editorial Galaxia “Estamos no verán” de Xoán Curiel e Charo Pita.
Se queredes ler este libro e tantos outros que temos na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira recordámosvos que o horario de verán é de 8.00 a 14.00 h de luns a venres.
Que teñades boas lecturas de verán!

A historia de dous vellos traballadores que recordan con marionetas o seu glorioso pasado nas pistas do Circo.
En Allariz, nun permanente xogo participativo entre o público infantil e as marionetas, foron aparecendo aquelas gloriosas personaxes dese circo antigo tristemente desaparecido.
Segue sendo una actividade que, a pesar das súas numerosas representacións, máis de mil, seguen entusiasmando os máis pequechos, coa magnifica manipulación das marionetas por parte da compañía Tanxarina.


Séguenos