PALITROQUES
Unha mañá divertida e instructiva en Celanova gracias ao obradoiro de palitroques.
Megaconstruccións!!!
Unha mañá divertida e instructiva en Celanova gracias ao obradoiro de palitroques.
Megaconstruccións!!!
O venres 11, aprendimos como facer dende cero un títere de calcetín. Dunha maneira áxil e fácil, e seguindo os pasos os resultados foron espectaculares. Diversión e creatividade para grandes e pequenos

Obradoiro de títeres de calcetín de Galitoon na Biblioteca dos Tilos-Teo

O día 09.07.2025 na Biblioteca municipal Segundo Gil Davila de Arbo tivo lugar esta actividade centrada no respecto, na tolerancia e na fortaleza da diversidade. Comezou e rematou falando da importancia das Bibliotecas e do que podemos aprender nelas. Todo o tempo foi moi dinámica e participativa, a través de tres historias: o gato “Micifú”, o “Lobo feroz” e a nena “Nina” de Burkina Faso. En resumo, unha actividade divertida e que se foi adaptando a todas as idades para que todos puideran participar.
A actuación comezou ás 11.30 h e rematou ás 12.20 h; acudiron un total de 41 nenos e nenas de tres a dez anos de idade, e 6 adultos entre monitores, pais e nais.

O xoves día 10 de xullo, os nenos do Campus de Deporte e Ocio Alex descubriron da man de Robótica Creativa, nocións básicas de electricidade dun xeito práctico e divertido, poñendolle luz os seus debuxos.
Hoxe venres os máis cativos de Covelo disfrutaron da imaxinación e dos contos de Dori coa que participaron e pasaron unha sesión moi divertida. Tamén estiveron acompañados da rapaciada do campamento de verán e das nais e pais que se acercaron ata o auditorio da biblioteca de Covelo.


As crianzas de Vilar de barrio desfrutaron hoxe, día 11 as 10 30h dun obradoiro educativo pensado para promover e dinamizar a lectura e a imaxinación mediante a arte do teatro de sombra.
A partir da lectura dun conto, aprenderon a construír diferentes monicreques(ou siluetas) de sombras (planos, articulados, coloreados).
Xoves 10 de xullo as 11 horas tivemos unha hora moi entretida con Nelson, onde nos narrou historas que nos fixeron interactuar mediante cancións, bailes e xestos.


Foi moi divertido, grazas.
O pasado día 9 de xullo visitou Cedeira Caxoto (A Trastenda dos Contos) co espectáculo Levántate Xan!!! 

Mere-cidamente
O xoves 11 de xullo ás 11.30 da mañá visitounos David Merelas Figueroa que desenvolveu un espectáculo de circo, malabares e humor no Parque do Cotaredo, xa que non puidemos resistirnos ao bo tempo. David procurou acadar a complicidade do público asistente gastando bromas e buscando a súa colaboración durante o desenvolvemento da súa actuación. Converterse en axudantes deste pallaso tan falcatrueiro entusiasmou aos cativxs. Foi unha xornada moi divertida e amena.

OQO Editora estivo onte en Ourol co seu obradoiro “Coas mans na masa” . Os rapaces e rapazas traballaron co álbum “Maruxa” e coñeceron os segredos para preparan un bo pan, pero non para ir ó forno senon para dar forma a novos personaxes e crear novas escenas do conto.


Séguenos