O mundo de cores de Roque e Lía na Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz


O martes 19 de agosto as 11 horas tivemos unha sesión de contacontos con títeres, función dinámica e divertida. Narrou a viaxe dun cabaleiro que atrapado na súa propia armadura, afastouse da súa familia sen decatarse. O seu fillo xa non lembra a súa cara e a súa muller está cansa de non recibir atención. Grazas á axuda de diversos personaxes, volta a ser o mesmo de antes.


No parque Rosalía de Castro, a Biblioteca Municipal de Vilalba organizou una actividade con Caxoto, á que asistiron arredor de 100 participantes dos campamentos de verán público en xeral. A iniciativa completouse cunha exposición das recomendacións lectoras elaboradas polos rapaces 



O dia 19 de agosto houbo unha actividade denominada OBRADOIRO PARA MEIGAS E BRUXOS con José Rivera no concello de Lobios, unh aactividade dirixida a nenos de 4-14 anos, onde se pretente o gusto por a maxia e a lectura

O día 06 de agosto, tivo lugar en Riós a actividade: Científicos de Galicia ás 11:30h. Unha actividade moi interesante e moi satisfactoria que cumpriu cos obxectivos e expectativas previstas.
E hoxe, na biblioteca de Bergondo, puidemos gozar deste gran contacontos musical “Os rizos de Lía”.
Resultou unha actividade moi divertida! A rapazada quedou moi contenta!


O 12 de Agosto visitou a Biblioteca de Viana do Bolo Pakolas ca meiga Ecoralia, ensinounos cas súas cancións e contos o importante que é consumir alimentos ecolóxicos, para coidar o medio ambiente.
Un evento máxico e creativo para nenos qeu combina un mini show de maxia e contos, un obradoiro de globoflexia e unha disco creativa.
O xoves 14 de agosto, as nenas e nenos do Campamento Urbano de Verán do Concello de Vilagarcía de Arousa asistiron a unha sesión de contacontos a cargo de Soraya Lema (O sol de outono).
A narración oral acompañada da música dun acordeón e de obxectos ben coñecidos marabillaron a todos desde o minuto un.


Séguenos