“MAXIA ENTRE LIÑAS” Biblioteca Val do Dubra

O pasado 2 de Agosto, pasamos unha tarde entretida coa maxia de Dani García, mesturando o encanto dos libros co asombro da maxia.

O pasado 2 de Agosto, pasamos unha tarde entretida coa maxia de Dani García, mesturando o encanto dos libros co asombro da maxia.
O día 7 de agosto, tivemos na Biblioteca de Beariz un obradoiro de globoflexia, Mega 2.0 Workshop.
Elisa e Ian fixeron as delicias de todos os nenos, primeiro facendo maxia moi divertida e logo nos ensinaron a facer moitas cousas cos globos.


Con esa pregunta comeza a nena Lua a debullar unha serie de profesións que a ela lle gustarían. Amosa como os traballos non son bos nin malos nin de homes ou de mulleres. Todo iso animado con contos, música e expresión corporal.

A ti que che gustaría ser cando sexas grande.

Os nenos e nenas e as familias do Punto de Atención á Infancia de Carballedo tiveron unha Festa de Fin de Curso moi especial na que disfrutaron a través dos sentidos coa contada de Patricia Martínez.

Gemma presentou dous obradoiros moi apetitosos. O primeiro un ourizo feito cunha pataca e pipas e outro un abano que imitaba a cabeza dun león. Todo feito con elementos naturais e as mans dos participantes. Ademais non faltou a música de fondo para animar a xornada. Todos os cativos e cativas marchaban encantados cos seus ourizos e abanos.

O pasado 10 de xullo celebramos na biblioteca o obradoiro Maker Maxia, unha actividade na que os máis pequenos e pequenas gozaron dunha xornada chea de ilusión e aprendizaxe da man do Mago Richard e o Mago da Boina.
Foi unha proposta divertida e participativa na que a rapazada se iniciou no mundo da maxia dun xeito creativo e práctico.
O día 06.08.2025 ás 11.30 h na Biblioteca municipal de Arbo realizouse esta actividade.
Trátase dunha actividade que dende o principio fai partícipe a todos os nenos e nenas. Comeza falando das historias qu e ocorren nunha fraga. Primeiro un conto de animais a través dun pequeno teatro de títeres. E a continuación conta a historia da “Carapuchiña feroz”. Por último a historia do Grúfalo, a través de diferentes monecos que cobran vida na función. Sempre facendo mención aos autores destes contos e destacando as boas condutas, e afastándose daqueles que fan mal.
O número de adultos foi de 3 homes e 7 mulleres. E o número de nenos foi de 33 en total: 13 nenas e 20 nenos.

Onte, martes 5 de agosto, tivemos a sorte de acoller a actividade “Teatro de máscaras: constrúe a túa personaxe”, da man da compañía LaGriotte.
Foi unha xornada creativa e moi divertida onde os nenos e nenas mergulláronse en obras de Castelao, como “Os vellos non deben namorarse” , un clásico da literatura galega cheo de emocións, personaxes entrañables e moita retranca.
Cada participante puido crear a súa propia máscara, con cores, texturas e moita imaxinación, foron dando forma a esas caras que agochan tantas historias. Pero non quedou aí a cousa: tamén fixeron pequenas actividades teatrais nas que traballaron a expresividade das emocións, aprendendo a usar o corpo e a voz para contar sen palabras.
Foi unha forma moi divertida de achegar a literatura aos máis pequenos, ao tempo que desenvolveron a súa creatividade, empatía e expresión artística.
O pasado martes 29 de xullo tivemos en Barreiros o contacontos “Peques e heroas”, de Manuela Varela. A cativada aprendeu sobre igualdade de xénero en clave de contos, e quedaron moi contentos coa actividade.
Música, bailes, cancións, movemento e historias para aprender a compartir e axudarse mutuamente encheron a casa da cultura do Pino neste contacontos musicado. Os cativos e cativas participaron en todo momento e colaboraron coa narradora en camción e bailes propostos ata saír da actividade coa idea que o mellor e colaborar para divertirse e por suposto Chegar ata a lúa e máis alá!!!!


Séguenos