“VIAXA COS LIBROS” na B.P.M. A Carballeira
O venres 18 de xullo as 11 horas tivemos teatro, contacontos, monicreques, cancións e maxia.




O venres 18 de xullo as 11 horas tivemos teatro, contacontos, monicreques, cancións e maxia.





O pasado venres 18 de xullo, no marco do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia, tivo lugar no Anexo do CEIP A Castellana o espectáculo “A maxia dos libros”, a cargo de O Mago da Boina e Nami.
Máis de 50 persoas, entre nenas, nenos e familias, gozaron dun espectáculo que combinou ilusionismo, humor e narración para dar vida aos fragmentos das Crónicas do Mago Errante. A actividade resultou ser unha verdadeira celebración da lectura, amosando que os libros tamén poden ser fonte de sorpresa e marabilla.
A proposta destacou pola súa capacidade para conectar co público de todas as idades, promovendo o hábito lector desde a emoción e o entretemento.
Deixámosvos unha imaxe dun dos momentos máxicos da sesión, coa sala chea de atención, sorrisos e moita curiosidade:

O venres 18 desfrutamos da presenza de Antón Ke e Tania Solla nos alrededores da biblioteca de Covelo. Un conto ilustrado e musicado que fixo pasar un rato moi divertido e agradable a rapaciada de Covelo e as súas familias.


Gozamos moitísimo do espectáculo que nos trouxo o Mago Paco. Entramos nun mundo fantástico e divertido no que as nenas e nenos viaxaron por lugares abraiantes, coñeceron a personaxes estraños e viviron aventuras máxicas. Súper recomendado!

O
día 14 de xullo Daniel Ares o mago da Boina achegouse ata a biblioteca Municipal de Irixoa con Nami e deron vida a diversos fragmentos dos libros de Crónicas do Mago Errante. Fusionaron a maxia coas beneficios da lectura, unha viaxe fascinante que encantou a tod@s @s participantes.
Distintos animais visitaron a Biblioteca do Pino nun contacontos celebrado na Biblioteca Municipal o 8 de xullo. Cun toque de maxia e acompañado dunha maleta que contiña diferentes elementos relatáronnos un conto protagonizado por Manoliño e todas as mascostas que desexaba ter despois dunha visita ao zoo. Cada mascota que Manoliño quería acoller no seu fogar, súa nai poñíalle trabas coa frase: “Manoliño, pensa un pouquiño…”. Entre estas mascotas atopábanse: o elefante, o león, a xirafa, o hipopótamo… Finalmente, a mascota aceptada pola nai foi un canciño o cal tiña que coidar moi moi ben.
Para rematar este contacontos, a cativada saiu a representar con mímica e sons diferentes animais que o resto debían adiviñar.

Pakolas e a súa “Ecoralia, a lambona ecolóxica” enchiu a PLIC de ritmo e de asistencia de público. A través das súas cancións Ecoralia nos mensaxea as bondades de consumir alimentos ecolóxicos certificados a calquera idade.
Malabares, libros, risas, música…. foi unha hora chea de exclamacións grazas ó bo facer de Daniel Blanco e a súa proposta “Circo na biblioteca”.
A actividade proposta por Antía Yañez no seu Plan de rescate fixo das participantes potenciais investigadoras. A Praza dos libros de Carballo convertida nun esceario de suspense e intriga. Moito misterio e investigación para chegar a un final feliz.
O 10 de xullo tivo lugar a na biblioteca municipal de Riós, a actividade “Moitas formas de contar”, por parte de Violetta Della Rocca. Unha actuación moi interesante de animación á lectura. Utilizando a imaxinación os/as pequenos/as introducíronse nunha técnica divertida e descoñecida para a maioría. Aproveitáronse os exteriores da Biblioteca, tendo en conta as temperaturas do verán, pero tamén se levaron a cabo dentro da biblioteca para facer a actividade específica das sombras.




Séguenos