CAMIÑOS NA BPM DE OUROL
Onte tivemos a visita de Magín Blanco na biblioteca de Ourol co seu espectáculo “Camiños”. Un espectáculo musical no que o autor interpretou temas propios para os nenos/as. Os rapaces e rapazas pasarono moi ben!!
Onte tivemos a visita de Magín Blanco na biblioteca de Ourol co seu espectáculo “Camiños”. Un espectáculo musical no que o autor interpretou temas propios para os nenos/as. Os rapaces e rapazas pasarono moi ben!!
O pasado mércores 31 Iria Iglesias e Dani Viéitez achegáronse ao Pino para presentarnos a Nuno, o protagonista do seu último libro “Pelo de nube”.
Tivemos un contacontos, falamos das emocións e rematamos a mañá cun obradoiro de ilustración baseado nun sentimento, todos os participantes marcharon coas emocións a flor de pel.


Onte pasamos en Esgos unha mañá diferente. Ana Hermida achegounos ó mundo dos contos nos que as princesas son buscan príncipes, os monos e as monas aprenden inglés…

Na mañá do martes 6 de agosto tivemos a satisfacción de pasar unha hora moi agradable grazas aos Contos de Pablísimo, e co seu traballo “O Paroleiro”, excelente actuación de narración oral, chea de diversos contos acompañados de música, cancións, monicreques, sombras e outros recursos cos que o gran Pablo Sánchez fixo pasar, ao público asistente e en especial aos máis cativos, dunha maneira moi amena unha mañá de choiva en pleno verán. Esta sesión de contacontos é un espectáculo cheo de intensidade e emoción, un regalo visual e sonoro que non deixa a ninguén indiferente.

O Mago Pedro Bugarín, estivo cos nenos de Vilasantar nun taller moi divertido e onde aprenderon os seus trucos de maxia o pasado día 16 de xullo. Moitas grazas

O día 9 de xullo os nenos de Vilasantar aprenderon como facer diversas cousas de papiroflexia.
Grazas a Miguel Cortés
O Bardo Abelardo deleitounos cunha actividade na que o pasamos de marabilla! Non puidemos estar dentro da biblioteca porque facía moito calor, o noso amigo o sol estaba moi presente ese día. Entón saímos ao xardín da biblioteca onde cantamos e sentimos os sons dos animaliños e árbores, eles cantaban connosco! Concienciámonos de que hai que coidar a natureza, e tamén temos que desfrutar dela.

Démonos conta de que somos moi afortunados por vivir onde vivimos e procuraremos ler moitos libros, a poder ser á sombra de un carballo nestes calorosos días.
O mércores 31 de xullo pasámolo xenial co show interactivo, onde se combinan os contacontos co ilusionismo.

non tivemos tempo de parpadear.
O luns 15 de xullo apareceu na nosa biblioteca unha personaxe especial e espacial.

Grazas a todos por asistir, e o actor polo ben que o pasamos.
Quen asistiu ao obradoiro creativo levado a cabo por “Teatro Marionetas Trécola” puido dar renda solta a súa creatividade e realizar a súa propia marioneta articulada. Vinte e cinco artistas levaron para a súa casa, cadansúa obra de arte.

All-focus

All-focus


Séguenos