Na Biblioteca Pública Municipal de Trazo tivemos a actuación “Contos ao Revés”… unha divertida narración de contos cunha versión diferente á orixinal.
O mércores 22 de abril, Carmen Domech achegounos á Biblioteca de Padrón á cabra Micaela e a súa pastora. Trouxeron contos toliños e historias sen sentido que nos encheron de alegría.
Na Biblioteca Municipal celebramos o día do libro o 27 de abril da man do espectáculo “Palabras PercuDitas” , que ao ritmo da música nos descubriron fermosas historias da época da nada, cativos que descobren monstruos que se fan os seus amigos … Tanto cativos como maiores non quixeron perder o fío destes contiños.
df
Tarabelos tróuxonos a historia “O traxe novo do rei” conseguindo que todos os asistentes estivesen moi atentos e saísen encantados.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
A Biblioteca Municipal de Vilalba celebrou o día do libro o luns día 27 coa actuación de Trinketrinke teatro co espectáculo “Non máis guerras”.

Os obxectivos deste divertido, musical e participativo contacontos teatral, foi fomentar o uso da biblioteca e a lectura, como educar para a paz por medio da resolución pacífica de conflitos.

O domingo 26 de abril, o Grupo de Teatro Triatreros estivo na Axencia de Lectura de Ribas de Sil co contacontos Comechíns.
Nesta sesión a encargada da actividade, Alba Bermúdez, contou varios contos relacionados coa alimentación saudable, onde a verdura, a froita e as legumes foron as protagonistas.
O xoves 23 de abril estivo na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán Dada o Duende nunha sesión de contacontos moi completa, a sala e a sesión.
Aquí está unha pequena mostra de como foi:
O sábado 25 de abril pola mañá, estiveron na Biblioteca Pública Municipal de Santa Comba a compañía de teatro Trinketrinke coa obra “Non máis guerras” dentro do programa Ler conta moito.
A través dos personaxes Lillí Gruyere e Fuco amosaronlle os nen@s a resolución pacífica de conflitos, os contos como medio de recoñecemento de situacións conflitivas e as cancións dos ratos de Lonxedetodo e La muralla. Tamén explicaron o funcionamento da Biblioteca os Nen@s.
Nen@s participando nunha resolución pacífica dun conflito.
Nen@s participando nas cancions “La muralla” e “Lonxedetodo”


Séguenos