Os nenos de infantil dos colexos de Corme e Ponteceso disfrutaron, un ano máis, cos contos de Migallas Teatro. Contos, música, baile,… cos que Bea e David fixéronnos pasar unha mañá divertida e voando a imaxinación.
O sábado 24 de maio tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Trazo unha divertida sesión de contacontos con títeres e maxia.

Na BPM de Ordes, en abril, Manuel Solla presentou “Conto contigo”.
“Ler conta moito” trouxo á Biblioteca Municipal de Ordes a Manuel Solla. Visitounos o venres 25 de abril, coa súa actividade “Conto contigo”. Contounos varias historias e presentounos a algún animaliño moi travieso que se fixo amigo de nenas e nenos. Pasamos unha tarde moi divertida, en boa compañía.
EN ORDES, FACEMOS BIBLIOTECA!

Venres 28 de abril. “Tardes de Contos e Lendas”. BPM de Ordes.
O venres 28 de marzo, tivemos na Biblioteca Municipal de Ordes ao grupo “Leo Leíño”. Como sempre, nunha sesión máis de “Tardes de Contos e Lendas” pasámolo de marabilla. Nesta ocasión, o espectáculo “Maxia cómica”, fixo as delicias de todos os asistentes. Nenos, nenas, familias e visitantes, rimos, participamos, escoitamos…Novamente, o mellor de todo foi a xente miúda.
EN ORDES…FACEMOS BIBLIOTECA!
Na tarde de onte, martes 27 de maio, Lupiña estivo con nós na Axencia de Lectura de Baio coas Aventuras na Cociña.
E trouxo uns personaxes moi curiosos..
que fixeron que estivésemos moi atentos/as
Os nenos e nenas de Salceda de Caselas pasaron unha tarde moi divertida no Recuncho dos contos, descubriron un mundo de creatividade e expresividade co que quedaron máis que abraiados
O sábado 24 de maio ás 12:00 estivo connosco unha vez máis Fátima Fernández que deleitou aos presentes cunha selección de contos como ela sabe facelo.
Incluímos unha imaxe da sesión.
Esta actividade é a derradeira das organizadas dentro da programación de Ler Conta Moita.
O día 27 de maio ás 18 h. na Biblioteca Municipal de Padrón gozamos do contacontos teatral Aventuras na cociña. As verduras convertéronse en personaxes de conto, e o rato de Lonxedetodo deunos uns consellos alimenticios moi saudables.
O pasado venres día 23 de maio volveron vistarnos os Ratos de Lonxedetodo. E como sempre que nos visitan, o cheo e a diversión están garantizados. Lilí Gruyere chegou á mediateca para promover hábitos saudables na alimentación dende os contos e fomentar o uso da biblioteca e a lectura, obxectivos de “Aventuras na Cociña”, contacontos teatral protagonizado polos Ratos da Biblioteca.

Para complementar esta visita acompañamos cun centro de interese con libros de cociña para que os máis novos da casa poñan en práctica todo o aprendido da grande Lilí.


Séguenos