“A cabaza encantada” na Biblioteca de Portonovo
O martes pola tarde Teatro Calavera fixo, un ano máis, que todos tanto grandes coma pequenos, pasaran unha tarde moi divertida.
Non houbo máis que escoitar a cativos e maiores cantando e dando palmas, á vez que os máis pequenos interactuaban cos actores para axudalos nas esceas.

O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa viviron aventuras e desventuras que remataron ben. 

E logo os nenos e nenas pasaron a facer un taller de cociña: merenda monstruosa!

Unha tarde moi golosa, que rematou en canto todolos nenos e nenas moi fachendosos saíron coas súas galletas decoradas 

Agardamos que todos o pasarades ben 

Séguenos