Noa no espello na ALM de Carnota

O pasado sábado, 2 de outubro, gozamos dunha estupenda mañá de teatro en Carnota co espectáculo Noa no espello, de Sabela Gago, que engaiolou a grandes e pequen@s de comezo a fin.

O pasado sábado, 2 de outubro, gozamos dunha estupenda mañá de teatro en Carnota co espectáculo Noa no espello, de Sabela Gago, que engaiolou a grandes e pequen@s de comezo a fin.

No centro sociocultural das Fontiñas do Concello de Santiago, Ramón Torrente realizou con nenos/as un obradoiro de creacontos para nenos/as no que poideron descubrir as mil e unha variables que pode ter un mesmo conto.

O pasado venres o Mago Paco tróuxonos á ALM de Carnota “Unha maxia diferente”, un espectáculo orientado a promover a igualdade de xénero que trata temas como a violencia ou o machismo e traslada valores como a igualdade entre mulleres e homes, o amor e o respecto. O humor e a interacción co público son dúas das claves desta montaxe, que resultou un éxito rotundo.

O pasado venres pasamos unha tarde divertidísima na Axencia de Lectura Municipal de Carnota con Pérez & Fernández. “A tortoise, un can, two monsters e un pícnic” é un espectáculo de narración oral en galego e en inglés, repleto de humor, que aborda temas como a empatía a solidariedade e o amor.

O pasado venres, 25 de outubro, a ALM de Carnota acolleu o espectáculo O ratiño presumido, da compañía Trinke Trinke. Co rato Fuco e mais coa súa amifa Faifá, chegados de Lonxedetodo, e coa colaboración de mamás e papás, desfrutamos dunha tarde de contos que, de forma sinxela e divertida, afondan na educación non sexista e na ruptura dos estereotipos de xénero.


O pasado venres, 18 de outubro, a ALM de Carnota acolleu o espectáculo Xogo revolto, de Teatro de Marionetas Trécola; unha montaxe de gran contido educativo que aborda, dun xeito sinxelo e dende unha perspectiva lúdica, cuestión como a educación emocional, a resolución pacífica de conflitos, o respecto cara aos demais e os estereotipos de xénero.

O pasado mércores, Mere Clown visitou a Axencia de Lectura Municipal de Carnota cun clarísimo obxectivo: desvelarnos a verdadeira historia de Hamelín. E fíxoo cun espectáculo repleto de humor, clown, malabares e infinidade de xogos, en constante interacción co público asistente.
O humor, a improvisación e a participación do público son as claves desta adaptación circense do conto clásico.
En Carnota xa todos sabemos do que realmente aconteceu en Hamelín… E animámosvos a descubrilo!


O pasado mércores recibimos na ALM de Carnota a Fran Campos, de Bandullo Azul, acompañado dunha convidada especial: a súa amiga Filipa! De regreso dunha longa viaxe en globo polo mundo, Filipa compartiu connosco un feixe de historias que traía na súa maleta, e Fran completou a contada coa terrorífica historia da Figueira de Pelostortos e con divertidos contos acumulativos acompañados de música en directo. Pasámolo en grande!


O pasado mércores viaxamos con Sarabela Teatro e a ratiña Sofía ata a muralla chinesa para tratar de resolver un grande enigma… Quen é o ser máis poderoso do mundo?
A maxia da palabra e o poder da expresividade, sen moito máis adobío, son as armas empregadas neste espectáculo para somerxer o público na trama. E vaia se funcionaron!
Isto non é unha caixa é unha montaxe máis que recomendable para fomentar a creatividade e a fantasía nos máis pequenos. Que ben o pasamos! Imaxinación ao Poder!


Que en Carnota somos superfans de Pablísimo non é novidade ningunha. Confirmadísimo!
O pasado mércores gozamos a máis non poder cos seus Contos con ovos, un conxunto de historias breves vertebradas arredor dos ovos e do que sae deles. Unha contada dinámica e orixinal, enriquecida cunha coidada escolla de materiais e coa mestría do narrador que, novamente, fascinou a xente miúda, e a menos miúda tamén, dende o minuto cero.
Será posible que sempre nos deixe con gana de máis? Pois si… é posible!



Séguenos