“Rosa non é unha cor” con Cris de Caldas na Biblioteca de Portonovo
Onte 24 de outubro, Día das Bibliotecas, gozamos na Biblioteca de Portonovo dunha sesión de contacontos con Cris de Caldas.
Cris achegounos a súa proposta “Rosa non é unha cor” coa que gozaron tanto os pequenos como os maiores (mamás, un papá e algunha avoa), que participaron activamente.
Ao terminar os contos, os nenos xa estaban a demandar o taller, pois lles facía ilusión desde o principio.
No taller foi moi agradable ver aos maiores axudando aos máis pequenos, e o resultado final vese na foto na que pousan todos moi orgullosos con Cris.
Grazas Cris!
Séguenos