“AGASALLO DAS ÁRBORES” con Cris de Caldas na BPM Luis Rei (Cambados)
Cris de Caldas achegou á biblioteca Municipal Luis Rei de Cambados co seu espectáculo “Agasallo das árbores”.Papá porquiño e mamá porquiña contábanlle contos aos seus tres fillos, cun ollo posto no verdor do arredor e outro, ben atento, ao lobo.
O fío condutor desta sesión de contos é a concienciación medioambiental coa axuda dunha versión particular (máis galega e máis feminina) do clásico conto “Os tres porquiños”
Co humor e música en directo de Xabi do Camiño.
Os nenos pasaron unha mañá xenial.
Séguenos