FRUMARIO O BIBLIOTECARIO VISITA A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE GUITIRIZ
A nosa biblioteca transformouse e nun lugar cheo de maxia e ilusión. Un misterioso personaxe encargouse de guiar aos nenos e nenas de maneira maxistral a atopar os segredos agochados nos andeis.
Nesta viaxe especial, atoparon escenas de fantasía, contos sorprendentes, poesía, música, ciencia… Todo mesturado para ofrecer emoción, misterio e moita diversión.
Os libros converteronse en auténticos tesouros que da man de Frumario O blibliotecario fixeron voar a imaxinación dos participantes.
Porque todo isto, e moito máis, está máis preto do que pensamos: na nosa biblioteca, un lugar onde todo pode acontecer


















Séguenos