O Mago Teto en Valadouro, un novo éxito.
O Mago Teto regresou a Valadouro e de novo foi a crónica dun éxito anunciado. Sabiamos que era un dos mellores magos de Galicia e non defraudou a un público familiar, entregado a o espectáculo de Teto, A Maxia dos Contos.
Coa maestria do mago, un verdadeiro showman na escea, brillante, detallista, divertido… facendo as delicias de grandes e menores, foi debullando un truco tras outro deixando coa boca aberta ao espectador: aros, cartas, botellas que se multiplican, moedas invisibles, etc. O tempo de espectáculo literalmente voou no patio de butacas culminando a visita cun longo e sonoro aplauso.
Séguenos