16/05/2024
O martes 14 de maio tivemos a delicia de escoitar a Soledad Felloza na Biblioteca de Portonovo coa súa proposta “Contos coas Chaves do Tempo”.
O grupo non era moi grande pero a sesión alongouse máis do previsto xa que ninguén quería deixar de escoitar a Sole, e ela xenerosamente agasallounos cun extra de contos e historias

O rei Artur e a historia dos seus fillos, Afonso e Pedro, con Merlín de por medio, e as chaves de ouro e ferro…
O concerto de violino sen cordas, a teatralización, a orixe dos corvos, a lenda do dragón chino, o brindis….e así poderíamos estar toda a tarde. Foi un grupo moi participativo!
Moitísimas grazas Sole por unha tarde incríble!
E por suposto agardamos que a todos vos gustase.
Unhas fotos de recordo

Séguenos