Xornadas técnicas con usuarios de traídas de Oia
Técnicos responsables da redacción dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo de Galicia desprazáronse ata o municipio de Oia o pasado 16 de febreiro para manter unha xornada de reunións informativas con usuarios das traídas de abastecemento deste municipio, dentro da rolda de encontros que se veñen mantendo ao abeiro deste proxecto.
Os encontros estruturáronse da seguinte maneira:
- Presentación a todos os asistentes do resumo de traballos de documentación e análise realizados nas traídas de autoabastecemento de Oia.
- Reunións personalizadas cos propietarios e usuarios de cada traída. Nas reunións realizadas entregáronse os informes que recollen propostas de mellora de cada traída e explicouse de maneira pormenorizada a problemática observada en cada unha, os resultados das analíticas das augas e as propostas de solución previstas, adxuntando os planos e orzamentos correspondentes. Escoitáronse as tamén as achegas e impresións dos usuarios, que se recollerán nun informe refundido.
Nestes encontros houbo un alto grao de participación e implicación, con representantes de 17 das 19 traídas convocadas. O número total de asistentes ascendeu a 28.