Xornada de presentación final en Mondariz

O Concello de Mondariz acolleu o pasado 14 de marzo a primeira das xornadas que marcan a fase final dos Plans Municipais de Abastecemento Autónomo. Neste evento de presentación final en Mondariz déronse a coñecer as conclusións relativas a este municipio entre os representantes das traídas veciñais e os membros da corporación local, xa que ambas partes son axentes clave para o desenvolvemento das actuacións de mellora e mantemento destas instalacións.

O evento no Concello de Mondariz contou coa asistencia total de 29 persoas, en representación de 19 traídas.

Entre os asistentes a nivel institucional estaban o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros Bello, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira. Por parte de Augas de Galicia entregouse ao Concello de Mondariz a documentación correspondente ao Plan de Abastecemento Autónomo do municipio, que servirá como a mellor ferramenta de planificación para os sistemas autónomos.