Xornada final de presentación no Concello de San Xoán de Río

O pasado 16 de marzo tivo lugar no Concello de San Xoán de río a xornada final de presentación do proxecto dos Plans de Abastecemento Autónomo, correspondente a este término municipal.

Neste acto, celebrado no salón de plenos do concello, presentáronse as conclusións relacionadas cos sistemas de autoabastecemento deste municipio aos representantes das traídas veciñais e aos membros da corporación local, xa que as dúas partes son axentes clave no desenvolvemento das actuacións de mellora e mantemento destas instalacións.

O evento contou cunha asistencia total de 21 persoas, en representación de 10 traídas.

Entre os asistentes a nivel institucional estaban o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, e o xerente de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira. Por parte de Augas de Galicia fíxose entrega ao Concello de San Xoán de Río da documentación correspondente ao Plan de Abastecemento Autónomo do municipio, que funcionará como ferramenta de planificación para os sistemas autónomos.