O Autor

Poeta, romancista, ensaísta e, sobre todo, prolífico dramaturgo, Abel Neves está considerado un dos nomes máis relevantes da dramaturxia portuguesa contemporánea.

A súa abundante produción abrangue máis de 30 pezas teatrais publicadas e escenificadas como Anákis, Amadis, Touro, Terra, Medusa, Amo-te, Atlântico, Finisterrae, Arbor Mater, Lobo-Wolf, El Gringo, Inter-Rail, Supernova, Fénix e Kota-Kota, A Caminho do Oeste, Amor-Perfeito, Olhando o céu estou em todos os séculos, Provavelmente uma pessoa, Este Oeste Éden, Qaribó, Ubelhas- Mutantes e Transumantes, Vulcão, Querido Che, A visita, A mãe e o urso, Sallon Yé-Yé, Vulcão, Flor e Cinza, Clube dos pesimistas ou Atlântica.

Malia que Além as estrelas são a nossa casa e Nunca estive em Bagdad son, sen dúbida, os seus textos máis representados, recentemente tivo a oportunidade de ver sobre as táboas as súas obras Jardim suspenso (estreada polo Teatro Nacional Dona Maria II tras recibir en 2009 o prestixioso Prémio Luso-Brasileiro de Dramaturgia António José da Silva), Flores para mim (a cargo de Teatro Meridional, 2011) e Sabe Deus pintar o Diabo (pola que a Companhia de Teatro de Braga recibiu da Sociedade Portuguesa de Autores o Premio Autores 2014 ao mellor texto portugués representado en 2013).

Ademais cultivou xéneros como a poesía (Eis o Amor a Fame e a Morte e Quasi Stellar), a novela (Asas para que vos quero, Sentimental, Precioso, Cornos da Fonte Fria, Lisboa aos seus amores (Felizes e Aliança), entre outras) e o ensaio teatral (Algures entre a resposta e a interrogaçao). A súa obra, traducida a multitude de idiomas, foi publicada ou representada en Alemaña, Brasil, Escocia, España, Francia, Luxemburgo, Hungría e Romanía.

* Foto: Abel Neves (webblog A Escola da Noite)