Temos un plan!

15. Outubro 2021 Sen categorizar

Benvidos e benvidas ao novo plan de formación do profesorado que xa está publicado dende finais do curso pasado. Todos e todas sabemos que é bastante complicado atopar o curso que desexamos en FProfe, as veces perdemos moito tempo buscando e filtrando información, enterámosnos moi tarde o a información chega por outras canles alternativos.

Co fin de mellorar estos pequenos atrancos, dende Aula Nova desenvolvemos un “plan” e temos recollido nunha soa proposta todos os nosos cursos agrupados en itinerarios formativos. Dende Xaneiro propusemos novos camiños formativos, adaptados a situación sanitaria, que agora mesmo completamos e ampliamos tendo en mente unha presencialidade inmediata combinada, as veces, cunha parte virtual en videochamadas.

Premendo nesta imaxe podes atopar a nosa proposta, en forma de imaxe interactiva, dende ela podes descargala en formato pdf en forma de plano xeral para telo sempre presente cando decidas a túa formación.

Os itinerarios están desglosados en trimestres (1, 2 e 3) con liñas de diferentes cores dependendo dos obxectivos de cada un deles.

1.AulaNova Lab é a liña enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos de aula poderás atopar 3 cursos:

2.AulaNova Divulga formada por actividades composta por varias charlas (físicas ou en videoconferencia) para estar ó dia na tecnoloxía e o mundo #maker.

3.AulaNova Investiga é unha liña para impulsar a investigación docente para implementala nas aulas. 

4.AulaNova Programa nesta liña a programación, nas suas múltiples variantes,  é o fío condutor. Podes escoller aprender a programar en linguaxe Python, empregar simuladores robóticos para control dos autómatas, sacarlle partido á placa Microbit ou empregar a programación para desenvolver proxectos de impresión 3D.

5.AulaNova no espazo. A fase rexional do proxecto Cansat é o eixo desta formación para coordinadores de equipos en centros galegos. Esta formación dividida en varias sesións dará soporte ao traballo desenvolto nas misións espaciais.

6.AulaNova IA  está alineada ca nova estratexia da Consellería de Cultura, Educación e Universidade para desenvolver un novo currículo nas materias de libre configuración autonómica.

 

Para poder participar busca o código ou nome en FProfe, revisa as condicións formativas e logo inscríbete. Pasarás un proceso seletivo condicionado polos requisitos do curso e poderás experimentar a formación en primeira persoa e podes descargar o plano nesta ligazón:

itinerario_aulanova_21-22

Desexamos que esta fórmula sexa útil para toda a comunidade docente e agardamos recibir proposta de mellora sobre ela.

Etiquetas

,