Actividades Aula Nova 2023-2024
Podes acceder ó plan completo no seguinte link:
Benvidos e benvidas ao novo plan de formación do profesorado que se publicou recentemente.
Entrando en FProfe podes atopar toda a información sobre as actividades formativas ofertadas neste curso.
Baseándonos na experiencia de anos anteriores redeseñamos unha nova oferta con 7 itinerarios de aprendizaxe que se correspónden coas temáticas máis actuais nas que os docentes se poden adentrar, modelando o seu perfil competencial profesional.
Na imaxe anterior podes atopar a nosa proposta en formato imaxe para os tres trimestres do curso 2023-2024. Cada grupo de actividades ten un número que indica o trimestre no que está previsto levalas a cabo. Agora mesmo podes inscribirte nas actividades do primeiro trimestre.Desexamos que esta fórmula sexa útil para toda a comunidade docente, por favor non dubidedes en achegarnos calquer proposta de mellora sobre ela.
1.AulaNova Polos propón un achegamento aos Polos Creativos que se están a crear nos centros educativos.
2.AulaNova Divulga deseñada para difundir temáticas como as Enerxías Renovables ou a Reciclaxe.
3.AulaNova Investiga é unha liña para impulsar a investigación docente para implementala nas aulas poñendo o foco en novas temáticas como o metaverso, a realidade virtual e aumentada ou a investigación científica.
4.De Galiza ao espazo. A fase rexional do proxecto Cansat é o eixo desta formación para coordinadores/as de equipos en centros galegos. Esta formación dividida en varias sesións on line dará soporte ao traballo desenvolto nas dúas misións espaciais (primaria e secundaria).
5.AulaNova Programa. Aprender a programar é un dos obxectivos do docente #STEM #STEAM incorporando estes aprendizaxes aos seus proxectos de aula.
6.AulaNova Lab é a liña enfocada as metodoloxías que permitan o desenvolvemento de proxectos de aula ademáis do mundo #maker aprender facendo e desfacendo.
7.AulaNova IA. A Intelixencia Artificial chegoú as aulas para quedarse e formar parte delas.
Para poder participar busca o código ou nome en FProfe, revisa as condicións formativas e logo inscríbete. Pasarás un proceso selectivo condicionado polos requisitos do curso e os seus criterios e poderás experimentar a formación en primeira persoa.