Actualizamos e conectamos

17. Setembro 2020
Actualizamos e conectamos
Comenzamos unha nova etapa educativa no curso  2020-2021 cun escenario marcado pola ameaza cercana da COVID19 no noso universo diario como docentes. Sabemos que son momentos complicados para toda a comunidade educativa: profesores/as, alumnado e familias, que as nosas mentes están ocupadas e preocupadas polos numerosos atrancos deste curso tan especial que temos agora mesmo,