Un contacontos de Charo Pita en Brión para celebrar o Día das Bibliotecas
O luns 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, unha data para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Para conmemorar esta efeméride tan especial, a biblioteca municipal organizou unha actividade de animación para crianzas que contou coa presenza da escritora e narradora Charo Pita que presentou en Brión o contacontos “Andar aos biosbardos”. Ler máis →
Séguenos