Rematan os 21 de 2022 – Creando en galego no século XXI

Chegamos ao día da clausura do noso programa e gustaríanos felicitar as comunidades educativas dos 12 centros participantes e, especialmente, os equipos de dinamización da lingua galega e as persoas coordinadoras que, desde o comezo do curso, asumiron  os 21 Días co galego e + como un proxecto propio e puxeron nel ilusións e moitas horas de traballo.

Antes de finalizar tamén queremos darlles as grazas a todas aquelas persoas que, dun xeito ou doutro, colaboraron ao enriquecemento e diversidade destes 21 días.

Para rematar, deixámosvos un saudiño especial que gardamos para vós.

Que a forza do galego vos acompañe!