Día 17 – Enerxía accesible e non contaminante

Día 17 – Enerxía accesible e non contaminante
O CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios vénnos falar do sétimo obxectivo dedicado á enerxía accesible e non contaminante. Antonio Palacios Ramilo foi un grande arquitecto galego que proxectou o noso centro combinando o seu propio estilo coa corrente rexionalista de comezos do século XX. Mediante a súa elección moi persoal do material, especialmente o granito galego, ...

Día 16 – Acción polo clima

Día 16 – Acción polo clima
Hoxe o IES N.º 1 do Carballiño proponvos que reflexionedes sobre os últimos fenómenos meteorolóxicos que vivimos en Galicia. Nos meses de verán acadáronse temperaturas moi elevadas respecto doutros anos e hai pouco sufrimos inundacións por mor das fortes choivas. Credes que isto ten que ver co cambio climático? Podemos facer algo para que isto ...

Día 15 – Redución das desigualdades

Día 15 – Redución das desigualdades
Este martes achegámonos ao CPR Divino Maestro de Santiago de Compostela. Propoñémosvos diferentes ideas para traballardes as desigualdades na aula: Debatede sobre os diferentes estratos sociais fixándovos se a súa existencia se debe a unha diferenza nos recursos dos que dispoñen. Contrastade a situación dunha lingua nos ámbitos urbanos ou semiurbanos e nos ámbitos rurais. ...

Día 14 – Industria, innovación e infraestruturas

Día 14 – Industria, innovación e infraestruturas
Hoxe comezamos a semana no norte e imos ata Viveiro, concretamente ao IES María Sarmiento. Velaquí tedes o seu vídeo. O ODS número nove fálanos de infraestruturas resilientes, de promover a industrialización sostible e de fomentar a innovación. “A innovación, así como as infraestruturas modernas e accesibles e mais as industrias sostibles que crean emprego, ...

Día 12 – Vida submarina

Día 12 – Vida submarina
Imos aproveitar o sábado para achegarnos a un ODS que nos afecta moi directamente; trátase do obxectivo de desenvolvemento sustentable número 14, Vida submarina. Imos ver algúns datos: Os océanos cobren as tres cuartas partes da superficie terrestre, conteñen o 97 % da auga do planeta e representan o 99 % da superficie habitable do ...

Día 10 – Igualdade de xénero

Día 10 – Igualdade de xénero
O CPI Alfonso VII de Caldas de Reis escolleu o obxectivo da igualdade de xénero, un tema que cada vez traballamos máis nos centros educativos. – Que vos parece a análise que se fai no vídeo da repartición do patio? – Como se reparten os espazos comúns de lecer no voso colexio? Quen ocupa o ...

Día 9 – Cidades e comunidades sostibles

Día 9 – Cidades e comunidades sostibles
Hoxe o noso centro de interese vén da man do IES A Basella de Vilanova de Arousa que nos veñen contar que acontece cando a túa vila forma parte dunha área turística de gran demanda. Coñeces o significado dos seguintes neoloxismos? – Hiperturistificación – Xentrificación – Turismofobia – Turismo sostible   Vives nunha vila turistificada? ...