Chegan os Polos Creativos
Os Polos Creativos son novos espazos de innovación educativa que xorden da evolución do plan piloto dos Espazos Maker creados anteriormente en dúas convocatorias no ano 2018 e 2019. Configúranse como espazos físicos específicos onde conviven o traballo das competencias STEM, a co-creación, a solución de problemas reais e o pensamento de deseño, sendo o seu obxectivo principal é promover a adquisición de competencias e coñecementos tecnolóxicos entre o alumnado apostando polo fomento de capacidades como o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo, a creatividade ou a capacidade analítica, todos eles elementos académicos clave nun mundo cada vez máis dixitalizado e interconectado. Os Polos creativos serán un elemento clave para a transformación dixital dos centros educativos en organizacións dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe
Crearanse en 220 centros galegos públicos, 110 de Educación Primaria e 110 de Educación Secundaria e Bacharelato, dentro da Estratexia Educación Dixital 2030 contando cun deseño modular e innovador directamente integrado co novo Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.
Os polos fomentarán da creatividade, a aprendizaxe por competencias e o traballo manipulativo, abordándose a intelixencia artificial, as tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, o mecanizado, a realidade virtual ou a robótica. Estarán dotados dun equipamento especializado específico no que podemos atopar:
- Mobiliario funcional (mesas abatibles e portátiles, mesas poligonales para o traballo en grupo, cadeiras con rodas, asentos modulares, bancadas, bancos de traballo e carros de carga entre outros)
- Material audiovisual de fotografía e de realidade virtual (cámaras e vídeo, trípodes, sistemas de gravación de audio e radio, soportes para tabletas, cromas, equipamento e iluminación ou lentes de realidade virtual)
- Kits de electrónica e robótica (básicos e avanzados segundo as idades, robots programables, placas Microbit e RasberryPi, sensores, domótica, circuítos de papel, kits de simulación de teclado e rato…)
- Elementos de tecnoloxía (ferramenta manual, sistemas de aspiración, placas de indución, pistolas de aire quente e de pegamento termofusible, lixadoras ou caladoras entre outros)
- Elementos de fabricación construción e téxtil ( plotteres de corte, plastificadoras, máquinas de chapas, impresión 3D, escáner 3D, xogos de construción….)
- Elementos relacionados ca informática (monitores, computadores, taboleiros interactivos, impresoras multifunción, …)
Ademais, estes espazos estarán abertos ás comunidades locais, próximas aos centros, para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas no conxunto da cidadanía traballando de xeito conxunto os docentes, o alumnado e as familias en proxectos de poidan axudar na resolución de problemas.
Os centros solicitantes deberán presentar unha breve descrición do proxecto para desenvolver nun horizonte temporal de dous anos onde consten:
- Profesorado participante
- Proposta de organización de actividades (plan bianual)
- Análise DAFO (debilidades, fortalezas, oportunidade e ameazas)
- Valoración de necesidades de equipamento
Se xa tedes no centro un espazo maker só teredes que presentar unha proposta de ampliación.
O Polo Creativo será xestionado por un equipo dinamizador que contará cunha persoa coordinadora que desenvolverá a súa función en estreita colaboración co equipo directivo. Os centros contarán co apoio e asesoramento dos centros de formación do profesorado que integrarán un Polo Creativo Demostrador e desenvolverán accións formativas de información, difusión e acompañamento.
Máis información na convocatoria oficial.