Learning Transnational Trainning Activity Viena (Design FILS) Maio 2022
O equipo Design FILS do Centro Autonómico de Formación e Innovación, formado por 4 asesores de tres departamentos didácticos, participoú os días 10 e 11 de maio na primeira mobilidade presencial (Learning Transnational Trainning Activity) do proxecto Erasmus+ KA2 Designing Future Innovative Learning Spaces (Design FILS) que tivo lugar en Viena, e no que por vez primeira, levouse a cabo un encontro presencial entre os socios cos que levaban traballando dende o ano 2019.
Nestas sesións de traballo participaron socios dos 6 países que conforman o proxecto, a excepción de República Checa que non puido asistir por ter outros compromisos laborais adquiridos con anterioridade. As institucións coas que o Centro autonómico de Formación e Innovación traballou nesta mobilidade foron as seguintes:
- Pädagogische Hochschule Wien (Austria)
- European Schoolnet, EUN (Bélxica)
- Ministerio Nacional de Educación (Turquía)
- Universidade de Lisboa (Portugal)
- Hacettepe Universitesi (Turquía)
En concreto, o traballo do equipo do proxecto desenvolveuse no Future learning Lab de Viena (FLL.Wien) organización colaboradora coa Universidade de Viena e que está formada por un laboratorio de innovación para o desenvolvemento da aprendizaxe dixital. A FLL.Wien busca converterse, para todos os expertos en aprendizaxe en liña (e-learning) nun espazo de reunión e xeración de redes e nun obradoiro experimental para as tecnoloxías da educación a nivel nacional e internacional. As investigacións realizadas nel teñen que ver principalmente coa educación mediática e orientada nas disciplinas STEAM.
A axenda estivo chea de momentos de traballo compartido e visitas a centros educativos da cidade austríaca:
- PSV Alxingergase
- Laaberg School
- Estudio de Innovación LEGO (PH WIEN)
Tamén tivemos a oportunidade de visitar a exposición https://interpaedagogica.at, unha feira Ed-Tech para profesorado e outros axentes implicados no mundo da educación en Austria e explorar novas ferramentas así como coñecer outras realidades.