O patrimonio de Ames da Prehistoria á actualidade en relación aos tres camiños de Santiago que pasan polo municipio
Os alumnos e alumnas do IES Plurilingüe de Ames estudaron a paisaxe cultural da Prehistoria e Historia Antiga de Ames (1 ESO), Idade Media (2 ESO), Idade Moderna (3 ESO) e Idade Contemporánea (4 ESO) en relación aos tres camiños de Santiago que pasan polo municipio: o camiño portugués, o camiño a Muxía-Fisterra e o ...
“Dende aquí vexo un camiño que non sei a donde vai dar, polo mesmo que non o sei, quixerao poder andar”.
Barro no Camiño
O proxecto sobre o Camiño Portugués levado a cabo no IES de Barro tiña como obxectivos principais que o alumnado fose coñecedor do patrimonio cultural a nivel local e que ó mesmo tempo difundisen toda esta información para dar a coñecer os elementos culturais mais significativos cos que conta este concello. Este proxecto levouse ...
WayWatchers La Merced: Charla sobre Educación Patrimonial Iglesia San Salvador de Sarria
No 3ºtrimestre recibimos a visita do arquitecto de Patrimonio: Roberto López Piñeiro, que realizou a restauración da igrexa de San Salvador en Sarria. Con él coñecimos as singularidades da igrexa, os pasos efectuados na súa restauración e a importancia de conservar e coñecer o noso patrimonio. Os Waywatchers ou Vixiantes do Camiño de 2°de ESO participan ...
UN CAMIÑO SOSTIBLE
Neste curso, no CEIP Manuel Respino da Rúa están realizando un traballo sobre o Camiño de Inverno que pasa moi preto do centro. Por iso este colexio foi un dos lugares elixido polo grupo de voluntarios europeos que estiveron na Rúa dentro do programa ‘XacobeAndo’, para realizar un dos traballos en torno ao Xacobeo e ...
Alumnos do CEIP Manuel Respino da Rúa participan nunha actividade cos voluntarios de Xacobeando
Dende comezos do mes de setembro A Rúa acolle a un grupo de voluntarios do Corpo Europeo da Solidariedade, dentro do programa Xacobeando. Son xoves de diferentes países que colaboran en accións de conservación e difusión das rutas de peregrinación a Santiago, neste caso o Camiño de Inverno. Coordinados por Ricardo Sieiro, colaboran en aspectos ...
VOLUNTARIOS PARA A SOLIDARIEDADE NO CAMIÑO
O concello de A Rúa acolle un grupo de voluntarios dentro do programa Xacobeando. Son seis persoas voluntarias do Corpo Europeo da Solidariedade, de diferentes países de Europa (Letonia, Lituania, Grecia, Italia e España) con idades entre os 18 e os 30, que colaboran en accións de conservación e difusión dos roteiros de peregrinación a ...
1ºSaida WayWatchers-Vixiantes do Camiño do CPR Plurilingüe La Merced
Esta pasada semana o tempo permitíunos facer a nosa primeira saída de recoñecemento pola contorna do noso cole, que xustamente coincide co Camiño Francés. Fumos tomando nota das frechas que haberá que repintar, sinais que limpar e zonas polas que recoller lixo acumulado, sobre todo a partir deste mes de marzo no que moitos peregrinos ...