Os alumnos e alumnas de sexto de primaria visitaron o Museo Xeolóxico de Quiroga. Alí foron recibidos por Ramón Vila, director do museo, que lles explicou de xeito moi didáctico a historia xeolóxica do Xeoparque Montañas de Courel. Moitas grazas a Ramón que sabe espertar como ninguén o interese dos nenos e nenas! Sen dúbida ...
Descubrir, coñecer, investigar, valorar a nosa contorna: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA. Este é o título do proxecto documental do noso colexio que nos serve para coñecer mellor e identificar gran variedade de árbores dos bosques que nos arrodean, tanto de fraga coma de devesa. O alumnado de 3º e 4º de primaria comezamos facendo unha ...
O venres, día 19 de novembro, os alumnos e alumnas de sexto viaxaron ata Margaride, onde foron recibidos por Pablo e Sandra, da Bodega EDV, unha das adegas de Quiroga que forman parte da denominación de orixe Ribeira Sacra. Pablo foi un perfecto anfitrión que explicou aos nenos e nenas todo o proceso de elaboración ...
Sabedes o que é un esgrafiado? O noso alumnado de primeiro e segundo estivo traballando esta técnica decorativa que aparece en moitos lugares da Ribeira Sacra. Fixeron un esgrafiado ao seu gusto sobre un debuxo inspirado na Casa do Carteiro de Montefurado. Unha das casas máis bonitas do percorrido do Camiño de Inverno no noso ...
Os alumnos e alumnas de 2º de primaria traballaron a temática do Camiño de Santiago e a Ribeira Sacra a través das olivas da nosa zona. Xogaron coas súas cores favoritas para reinterpretar os debuxos dos murais de Quiroga do autor Mon Devane, coas súas caras. Aquí podedes ver parte dos seus traballos. ...
Presentamos a credencial que ten que cubrir o alumnado para acadar o título de experto no proxecto: QUIROGA NA RIBEIRA SACRA
. Este Nadal o noso Belén é diferente. Fixémolo representando os diferentes pobos polos que pasa o Camiño de Inverno de Santiago. Esperamos que vos guste!!!
Comezmos o proxecto cunha presentación das liñas xerais do mesmo ao alumnado participante, de 3º de ESO, e a activación do noso Twinspace, polo de agora cun socio portugués e outro turco.
No mes de outubro comezamos a primeira Etapa do noso proxecto, a da “Curiosidade”, na que percorremos por grupos o tramo do Camiño de Santiago que pasa pola nosa vila, mapeando o terreo e anotando todo o que pode resultar de interese para os peregrinos. Adxuntamos enlace ao mapeo. https://view.genial.ly/619344556e08110dcd970cae/presentation-etapa-1-curiosidade Adxuntamos enlace a vídeo dos ...
No proxecto denominado “Way Watchers”, os alumnos de 2º de ESO do CPR Plurilingüe La Merced, transfórmanse en “Vixiantes do Camiño” e encárganse de facer unha limpeza e acondicionamento do Camiño na contorna da escola. O Camiño de Santiago e o tránsito dos peregrinos son unha imaxe cotiá para os alumnos do colexio de La ...